1. Consideracións para a creación e xestión de bloques

  1. Ancho da columna.

    Visualmente a columna debe ocupar un lateral da páxina e non debe ter un ancho tal que a "invada" e distraiga ao visitante dos contidos principais.
  2. Se incluimos no bloque un obxecto poremos coidado de xeito que o ancho do obxecto non exceda o ancho da columna estabrecido, evitando así que faga "engordar" a columna (o seu tamaño variará en función dos obxectos que conteña).

    Evitaremos así que as columnas aparezan desprazadas ou movidas e melloraremos a visualización do blog.

    Tes unha ferramenta moi útil para controlar as dimensión nunha web. É un complemento para Mozilla que se chama MeasureIt e que podes descargar no enderezo https://addons.mozilla.org/es-ES/firefox/addon/539

    Neste mesmo tema na sección de materiais complementarios podes atopar información sobre a instalación e funcionamento de measureit

  3. Os bloques non son para a publicidade comercial.

    Non está permitido incluír publicidade comercial de ningún tipo. En cambio é moi interesante publicitar todos os proxectos e experienzas educativas (sen ánimo de lucro) que coñezas que poidan ser de interese para a comunidade educativa.

  4. Asegurarse de que non hai problemas de copy right.

    Non se poden poñer contidos que infrinxan ningún tipo de legalidade, coidado cos dereitos de autor!. Emprega sempre contidos baixo licenzas Creative Commons.

  5. Non sobrecargues a páxina de flash, gadgets, slides..

    Fai un emprego razoable das cousas, mellorarás a visualización da páxina, a súa accesibilidade e a carga da mesma será mais rápida.

  6. Respecto polo traballo alleo.
  7. Coidado cando xestiones os bloques xa que poderías accidentalmente modificar ou eliminar un bloque doutro blog ou da propia páxina web do centro.

  8. NON invadir os blogs dos demais
  9. Cando crees un bloque asegúrate de que só se visualiza no teu blog.