5. Activación e Configuración do Etiquetado libre nos Blogs do centro

5.3. Nube de etiquetas (módulos Views e Tagadelic Views)

Nube de etiquetas

Unha nube de palabras (word cloud en inglés) é unha representación visual das palabras empregadas nun texto, onde o tamaño da fonte é maior para as palabras que aparecen con máis frecuencia.

nube de etiquetas

Un dos seus usos principais é a visualización das etiquetas dun blog (tag cloud en inglés) ou dunha web, de modo que os temas máis frecuentes no sitio móstrense con maior prominencia.

As etiquetas adoitan ser só palabras e polo xeral adoitan estar en orde alfabética. A importancia dunha etiqueta móstrase co tamaño da fonte.

alfabética. A importancia dunha etiqueta móstrase co tamaño da fonte.


A nube de etiquetas Tagadelic Views

Esta nube de etiquetas precisa de tres módulos para a súa creación:

  • módulo Views dispoñible para todos os centros, proporciónase xa configurado.
  • os módulos adicionais Tagadelic e Tagadelic Views. Actualmente estes módulos están instalados en multisite para os centros participantes, se quere empregalo, o administrador da web do centro terá que activalos e configuralos previamente.


Requisitos para a súa elaboración

  1. O administrador da web debe ter activados os módulos: Views, Tagadelic e Tagadelic Views .

  2. O administrador debe configura os módulos Tagadelic e Tagadelic Views.

  3. Se o bloque nube de etiquetas o van a crear os propios autores de blog o administrador terá que marcar no rol "autores de blog" os permisos correspondentes: acceder a tódalas vistas e administrar vistas. De non facelo así teria que ser o propio administrador quen cree as nubes de etiquetas para cada blog.


O módulo Views

O módulo Vistas ou Views é unha ferramenta de consulta moi potente para Drupal que permite crear diferentes formas (listas, táboas, nubes de palabaras...etc) de visualizar os contidos e buscalos.

Permiten persoalizar os diferentes campos que se amosarán, filtrar os resultados e ordealos con diferentes criterios.

Exemplos

  • Crear unha vista páxina na que se amosasen os títulos de todos os artigos publicados nun blog ordeados por data de publicación e incluír criterios de busca para que o visitante poida atopar con facilidade os artigos que lle interesan.
  • Crear unha vista páxina cos artigos recentes, os máis populares etc.
  • E por suposto poderemos tamén crear unha vista bloque moi especial que será a nosa nube de etiquetas.

Moitos módulos de Drupal xeran automáticamente as súas propias vistas o que facilita o seu manexo. Así por exemplo o módulo Audio xera numerosas vistas moi útiles a hora de crear un AudioBlog (os mais descargados, os mais escoitados, buscas de audio por album, autor etc.)


O módulo Tagadelic Views

O módulo Tagadelic Views é unha implementación do módulo Tagadelic, e proporciona un plugin ás Vistas engadindo un "Tipo de Vista" e o bloque chamado "Tagadelic".

Cando este tipo de vista está seleccionado, os resultados amósanse co estilo definido no módulo Tagadelic.

Para que funciona debe engadirse polo menos un campo do vocabulario vinculado ao etiquetado libre (no noso caso o vocabulario Etiquetas dos blogs)un módulo adicional que crea un novo estilo de visualización View, que permite que unha nube de etiquetas se visualice nun bloque.

Precisa para o seu funcionamento dos módulos:

  • Tagadelic: necesario para configurar o estilo da nube de tags. (a súa activación e configuración foi explicada nunha sección anterior.

  • Views: necesario para crear a visualización nun bloque. O módulo views, tratado anteriormente, é un módulo dispoñible e activado por defecto en multisite para tódolos centros e non require configuración adicional para o seu funcionamento.


Pasos a seguir para a elaboración do bloque nube de etiquetas

  1. Iniciamos sesión co usuario autor de blog (se temos permisos para crear vistas) ou co usuario adminsitrador (se somos o administrador da web do centro e/ou o rol autor de blog non ten permisos para crear vistas)
  2. Accedemos a administración das vistas (ou views) pola ruta que nos corresponda:
    • para o administrador: Administrar -> Construcción da páxina -> Views
    • para o autor de blog: no bloque de navegación prememos sobre "Views" Aceso a views
  3. Na xanela de administración de vistas que se abre prememos sobre a pestana "Add View" para engadir a nova vista

    engadir vista
  4. No formulario de creación da vista que se abre poñemos un nome (obrigatorio) do estilo "nube_de_etiquetas_de_nomedoblog" para identificala vista (non se admiten espazos en branco ni caracteres especiais, emprega o guión baixo "_" para separar palabras. No noso caso lle chamaremos "nube_de_etiquetas_proba" . Poñeremos tamén unha descrición.nome da vista
  5. Posto que a vista que imos a crear se vai visualizar nun bloque e non nunha páxina non activamos a opción de páxina e pasamos á sección "Bloque" na que teremos que marcar a opción correspondente para proveer o bloque (con isto Drupal creará automaticamente un bloque coas características estabrecidas pola vista)vista bloque

  6. No tipo de vista (ou "View Type") indicamos o tipo de vista Tagadelic

  7. Escribimos o título do bloque (opcional)

  8. Indicamos o número de etiquetas ou tags que se visualizarán no bloque (na nube de etiquetas) por exemplo 15
  9. Marcamos a opción "[More] Link" para que apareza un enlace "máis" que permita acceder a tódalas etiquetas empregadas e non só as que se visualizan na nube.

  10. Podemos personalizar o encabezado e o pé da vista, así como a páxina a amosar no caso de non atopar coincidencias na busca aínda que neste caso non é necesario.
  11. Na seguinte sección "Fields" engadimos os campos a amosar na nube (no noso caso particular é un único campo, o correspondnete aos tags ou etiquetas dos blogs)

  12. Seleccionamos na lista despregable de campos dispoñibles "Taxonomy: Terms for etiquetas dos blogs" (o nome desta categoría pode variar dun centro a outro segundo o nome que lle dera o administradro a categoría de etiquetas dos blogs)
    campos elexir
  13. Prememos sobre o botón "Add Field" para engadir dito campo, con isto acabamos de decidir que elemntos se amosarán na nube, que neste caso serán as etiquetas dos blogs.engadindo campo
  14. Unha vez engadido o campo podemos visualizalo enriba do botón de engadir campos. Podemos poñer unha etiqueta (no caso de vistas tipo tagadelic non ten sentido, isto é útil para vistas tipo listas onde se amosa o título das columnas).

  15. Marcamos a opción de amosar como links ("As links") para que cada vez que alguén pique sobre unha das etiquetas da nube automáticamente se abran no blog os contidos que foron catalogados con esa etiqueta.campo engadido

  16. Agora precisamos estabrecer algúns filtros para que na nube se amosen só as etiquetas dos artigos publicados no noso blog (neste exemplo o blog de probas)
  17. Para engadir un filtro seleccionamos na lista de filtros aquel que nos interese e prememos sobre o botón "Add Filter". O primeiro filtro será "Node: Published" para que só se visualicen etiquetas de artigos publicados (os artigos non publicados só son visibles para os usuarios autenticados, nunca para os anónimos)
    engadindo filtros
  18. O segundo filtro será "Taxonomy: vocabulary Name" empregando o operador "Is One of" e seleccionando o Valor "Etiquetas de blogs" para que as etiquetas mostradas sexan as asociadas aos blogs (este paso non é necesario se na web do centro só empregan etiquetado libre os blogs)filtros
  19. O terceiro filtros será " Node: Authors in role autor de blog" o operador empregado será "Is One of" e no valor seleccionaremos na lista o usuario autor do noso blog (no noso exemplo "proba") Deste xeito as etiquetas que se visualicen serán só as correspondentes ao noso blog. Se non poñemos este filtro visualizaríanse as etiquetas de tódolos blogs, non só do noso.filtros
  20. Podemos estabrecer algún criterio de orde pero neste caso non é necesario xa que nas nubes de etiquetas adoitanse poñer por orde alfabética (que xa é a orde establecida por defecto)

  21. Para rematar prememos sobre o botón "Save" para gardar os cambios
  22. Volverá a abrirse a xanela de administracción de vistas ou views onde xa teremos dispoñible a vista que acabamos de crear.

vista creada

Unha vez creada calquera vista pode ser editada (polo seu autor), modificada, eliminada, clonada (ou duplicada) e exportada (para traspasar a outro centro que non será o noso caso)

A opción de clonar é moi cómoda xa que unha vez creada a primeira vista é moi doado obter vistas semellantes sen mais que modificar os filtros.

No caso particular da vista nube de etiquetas, unha vez creada a primeira é inmediato crear nubes de etiquetas específicas para cada blog, sen mais que clonar a vista original e modificando para cada blog o nome da vista e o valor do filtro " Node: Authors in role autor de blog" cambiando o nome do autor do blog na lista despregable.


Visualización da nube de etiquetas nun bloque

Unha vez creada a vista nube de etiqueta ou tag cloud, visualizala nun bloque e moi doado:

  1. Acedemos a páxina de administración de bloques:

    • Ruta para o administrador: Administrar > Construción da páxina > Bloques

    • Ruta para o autor do blog: dende o bloque de navegación premendo no enlace "Bloques"
      aceso bloques

  2. Seleccionamos a plantilla ou tema do blog plantilla do blog

  3. Na sección de bloques Desactivados buscamos o que acabamos de crear (levará o nome que lle puxemos nos pasos anteriores) activar bloque

  4. Eleximos a columna onde a queremos colocar e o peso activar bloque

  5. Prememos sobre o botón "Garda-los bloques" para gardar os cambios

  6. Agora buscamos o bloque na zona de bloques activados e o configuramos:

    • eleximos "none" na opción colapsable

    • podemos poñerlle un título, descrición

    • indicar se queremos que só se visualice para algún rol determinado (en caso contrario o deixamos baleiro)

    • se queremos evitar que se visualice accidentalmente noutro blog podemos engadir a opción de visualizar só na ruta do noso blog

  7. Prememos sobre o botón gardar cambios e listo!


Xa podemos visualizar no Blog a nube de etiquetas. O resultado será semellante ao da seguinte imaxe:

resultado final nube