5. Activación e Configuración do Etiquetado libre nos Blogs do centro

5.2. Folksonomías: configurar o aspecto das etiquetas (módulo "Tagadelic")

Módulo Tagadelic

  • Versións recomendadas para Drupal: 6.x-1.3, 5.x-1.1 , 4.7.x-2.0

Tagadelic é un pequeno módulo, sen base de datos e apenas configuración que xera unha páxina con etiquetas dimensionadas, de xeito que as etiquetas ou tags mais empregados aparecen nun tamaño de letra maior formando unha nube.


Módulos relacionados

Tagadelic Views: implementación de vistas para o módulo Tagadelic para a visualización da nube nun boque.


Activación do módulo

  1. Ruta: Administrar -> Construción da páxina -> Módulos. acceder aos módulos dispoñibles

  2. Visualizaranse tódolos módulos dispoñibles para o centro, no apartado de taxonomías atoparemos o módulo Tagadelic, marcamos o check correspondente para activalo tagadelic módulo activado

Configuración do módulo Tagadelic

O módulo dispón de tres opcións simples de configuración que nos permiten:

  • Establecer o criterio para ordenar as etiquetas ou tags: por orde alfabético, por peso, ou orde aleatorio.
  • Indicar o número de etiquetas ou tags que se visualizarán na páxina da nube.
  • O número de niveis ou de incremento do tamaño da letra coa que se amosarán as etiquetas


Pasos a seguir:

  1. Aceso ás opcións de configuración do módulo:

    • Podemos facelo dende a páxina anterior (administrar módulos) simplemente premendo no enlace “ páxina de administración do módulo” que atoparemos na parte superior. configurar módulo

    • Tamén podemos acceder dende calquera das rutas habituais:

      • Administrar > por módulo > acedemos a páxina dos módulos activados

      • Administrar > Configuración da páxina > Tagadelic configuration configuracion de tagadelic

  1. Tagadelic sort order: indicamos o criterio para ordenar as etiquetas: opcións de configuración de tagadelic

    • by weight, ascending: ordenará as etiquetas por “peso” en orde ascendente. As máis “pesadas” son as que se empregan máis a miúdo ou máis populares, e visualízanse nun tamaño de letra maior, neste caso se visualizarían as mais “pesadas” ou populares primeiro.

    • by weight, descending: ordenará as etiquetas por “peso” en orde descendente. As máis “pesadas” son as que se empregan máis a miúdo ou máis populares, e visualízanse nun tamaño de letra maior, neste caso se visualizarían as menos “pesadas” ou populares primeiro.

    • by title, ascending: ordenará as etiquetas por orde alfabético ascendente (da A á Z)

    • by title, descending: ordenará as etiquetas por orde alfabético descendente (da Z á A)

    • random: orde aleatorio (é o mais empregado nos blogs)

  2. Amount of tags on the pages: indicar o número de etiquetas ou tags que se visualizarán na páxina da nube (nota: o número de etiquetas a amosar no bloque nube de etiquetas non se configura aquí senón nas opcións do bloque que se explican noutra sección deste mesmo tema)

  3. Number of levels: número de niveis a amosar entre as etiquetas máis populares e as menos populares. En principio se visualizarán 4 grupos de etiquetas con tamaños diferentes segundo sexan mais ou menos populares. O número de niveis permite establecer as diferenzas de tamaño do tipo de letra empregada entre cada grupo de etiquetas.

  4. Para rematar prememos en “Garda-la configuración” para gardar os cambios.

Agora poderemos visualizar a nube das etiquetas empregadas nunha páxina que terá a URL http://www.edu.xunta.gal/centros/nomedocentro/tagadelic.

Na seguinte imaxe se amosa o resultado da configuración do módulo establecida para os valores: orde aleatorio, 20 etiquetas por páxina e 5 niveis.


resultado de conf de tagadelic: vista páxina