5. Activación e Configuración do Etiquetado libre nos Blogs do centro

5.1. Módulo Tag Tool

  • versións estables de Drupal para as que está dispoñible: 6.x-1.0 e 5.x-1.2


Funcionamento

Este módulo permite ao administrador xestionar o modo en que se presentarán etiquetas suxeridas aos autores de blog en cada entrada ou artigo que creen.

Permite a posibilidade de crear tags pre-definidos polo administrador ou escoller se os tags que se suxerirán ao usuario son os empregados recentemente ou por coincidencia de caracteres.

En calquera caso o autor do blog sempre poderá crear os seus propios tags independentemente das etiquetas suxeridas.


Configuración

  1. O primeiro que debemos facer (unha vez teñamos o módulo dispoñible) e activalo: ruta: Administrar > Construción da páxina > Módulos

  2. Na lista de módulos dispoñibles que se amosa buscamos o módulo Tag tool

  3. Senón está activado o activamos ACTIVAR MODULO

  4. Prememos sobre o botón de “Garda-la configuración”

  5. Imos a páxina de administración de módulos premendo sobre o enlace páxina de administración do módulo que se visualiza na cabeceira da páxina (tamén podemos ir por Administrar > e premer na pestana “Por módulo”) ADMINISTRAR POR MÓDULO

  6. Amosarase unha pantalla con tódolos módulos activos na nosa páxina, buscamos o módulo Tag Tool e prememos sobre o enlace “tag tool”

  7. Na xanela se amosará un listado das categorías actuais que teñan a propiedade de etiquetado libre activado, no noso caso “etiquetas do blog” prememos sobre ela para configurar o seu funcionamento configurar modulo 2

  8. Abrirase a xanela de configuración do módulo para a categoría "etiquetas dos blogs" nas que configuraremos os seguintes valores:
    • Check to enable this vocabulary: Marcamos esta opción para que a categoría “etiquetas dos blogs” funcione con este módulo

    • Tag source: eliximos a opción para as etiquetas suxeridas (as que se amosarán ao usuario cando cree un artigo para o blog)

      • Last added tags: se queremos que se amosen nas suxerencias as últimas etiquetas engadidas suxerir as ultimas engadidas

      • Custom tags: se queremos que se amosen as etiquetas típicas ou preestablecidas polo adminsitrador etiquetas personalizadas


      • All tags: irá amosando tódalas coincidencias atopadas nas etiquetas empregadas ata o de agora (por exemplo se escribimos unha “p” amosará tódalas etiquetas empregadas que empecen por “p”)

    • Numbers of tags to list: indicar o número de etiquetas a suxerir, esta opción só terá efecto no caso de ter elixida a opción “Last added tags” (últimas engadidas)

    • Custom tags list: aquí poderemos crear unha lista das etiquetas típicas ou pre-establecidas (polo administrador) Esta opción só terá efecto no caso de ter elixida a opción “Custom tags”

A sintaxe para engadir etiquetas é:

      • Separar as etiquetas por espazos ou comas. Se a etiqueta está formada por varias palabras empregar “-” guión baixo (exemplo coñecemento-do-medio)Indicar os saltos de liña de etiquetas polo símbolo “#”


Unha vez configurado os autores de blog poderán non só etiquetar libremente os seus artigos ou entradas de blog senón que poderán tamén elixir entre as etiquetas suxeridas que se lle amosen segundo teña establecido o administrador .

Nesta imaxe pode observarse o resultado mentres se crea un artigo: suxerencias tags
     


NOTAS:

[1] Módulos adicionais incluidos en multisite para as folksonomías ou etiquetado libre: Tag Tool, Cumulus, Tagadelic, Tagadelic Views.