5. Activación e Configuración do Etiquetado libre nos Blogs do centro

Que son as Folcsonomías ou Folksonomías?

"Folc" provén do alemán "pobo" (Volk). Etimolóxicamente (folc+taxo+nomía) significa literalmente "clasificación xestionada polo pobo (ou democrática)".

Un dos conceptos significativos da Web 2.0 é o de etiquetaxe social. Ademais de crear contido web de forma sinxela grazas aos blog, wiki, etc., os usuarios poden tamén organizalo ou clasificalo en categorías mediante a asignación de etiquetas (tags).

Unha etiqueta é unha palabra crave que se engade a un obxecto dixital (un artigo ou entrada do blog, un sitio web, unha fotografía, un clip de vídeo, etc.) co fin de describilo; pero non como parte dun sistema formal de clasificación, senón como unha vía que facilita a calquera a localización de información e contidos.


Folcsonomías en Websdinámicas

A páxina web do centro emprega menús taxonomizados ou categorizados.

contidos categorizados

Algún dos menús taxonomizados mais habituais nas webs dos centros educativos son: Secretaría, O Centro, Biblioteca, Actividades Escolares...etc


Pola contra nos blogs os contidos categorízanse con tags ou etiquetas polos propios usuarios mentres crean o contido.

contidos con etiquetado libre

Para poder realizar este tipo de marcado social dos contidos no proxecto Webs Dinámicas incorporáronse en multisite catro módulos novos [1] de configuración sinxela que requiren da activación e configuración previa por parte do administrador.


Dispoñibilidade

Aínda que os módulos están dispoñibles en multisite non están polo de agora visibles para todos os centros polo que se desexa empregalos o administrador da web debe enviar un correo a websdinamicas@edu.xunta.es solicitándoos.


Configuración

Unha vez teña os módulos activados para a súa configuración o administrador debe configuralos seguindo os pasos que se indican a continuación.


Creación da categoría de etiquetado libre “Etiquetas dos blogs”

O primeiro paso para o etiquetado libre nos blogs é crear unha categoría cun único vocabulario "etiquetas dos blogs" que admita a categorización libre e administrar os seus permisos.

O vocabulario será “etiquetas dos blogs”. Os termos serán os tags ou etiquetas que os usuarios vaian elixindo ao crear os artigos ou entradas de blog e se irán engadindo automaticamente.

  1. Ao igual que para crear calquera outra categoría o administrador diríxese á ruta: Administrar > Administración do contido > Categorías

  2. Prememos sobre a pestana engadir vocabulario para crear o novo vocabulario “Etiquetas dos blogs”

  3. No formulario que se abre cubrimos os seguintes campos: categoría tags

    • Nome do vocabulario: Poñemos un nome identificador por exemplo etiquetas nos blogs ou algo semellante

    • Descrición: Engadimos unha descrición por exemplo: tags para o etiquetado libre ou folcksonomías nos blogs do centro”

    • Texto de axuda: escribimos un texto que axude aos usuarios a entender o funcionamento, por exemplo: "escriba as etiquetas separadas por comas, por exemplo: árbores, coñecemento do medio, natureza,..." categoria tags 2

    • Tipos: temos que elexir qué tipos de contidos estarám vinculados a esta categoría, elexiremos unicamente o contido “artigo de blog” ou entrada de blog

    • Xerarquía:

      • Desactivado: deixar marcada esta opción, non tería sentido unha xerarquía de árbore para os termos ou etiquetas libres. categoria tags 3

      • Termos relacionados: deixar desactivado

      • Etiquetado libre: esta é a opción que temos que marcar para activar o etiquetado libre dos artigos ou entradas de blog.
      • Selección múltiple: desactivado

      • Obrigatorio: recomendamos deixar marcada esta opción, deste xeito os autores de blog acostumaríanse dende un principio a etiquetar obligatoriamente os seus contidos

  4. Finalmente prememos sobre o botón “Enviar” para gardalos cambios.


Administrar os permisos da categoría "etiquetas dos blogs"

Pasos a seguir:

  1. Imos a ruta: Administrar > Mantenemento de usuarios > Taxonomy Access: Permissions

  2. Seleccionamos o rol “autores de blog” e editamos os seus permisos. tags administrar permisostags administrar permisos

  3. Na categoría “etiquetas dos blogs” establecemos permisos para este rol de xeito que por defecto poida "Ver", "Crear" e "Listar". permisos na categoria tags 1

  4. Prememos sobre o botón “Save category permissions” para gardar os cambios.

  5. Seleccionamos todos os demais roles (un a un) e editamos os seus permisos deixando marcadas por defecto para esta categoría (etiquetas dos blogs) únicamente as opcións “Ver” e “Listar”, NON marcar a opción "Crear" categoria tags permisos dos demais roles

  6. Como paso final e debido a un bug coñecido en Drupal imos a pantalla ruta: Administar > Mantemento de usuarios > Control de acceso e aínda que non fixeramos ningún cambio nesta pantalla prememos no botón que figura ao final “Gardar permisos”.

Dende este momento os autores de blog poderán engadir tags ou etiquetas libres aos seus artigos ou entradas.

Se ademais marcamos a opción “obrigatoria” na categoría terán forzosamente que engadir polo menos unha etiqueta aos seus artigos para poder publicalos.

Os demais usuarios non se verán afectados por estes cambio, para eles o funcionamento da web seguirá sendo o mesmo.