Administrando os blogs en Drupal


Administrando os blogs en Drupal

Indicacións xerais para os administradores da web acerca dos blogs e a configuración precisa para que sexan funcionais


4. Enlaces aos blog do centro na páxina

Unha vez configurados os blogs do centro:

  • creado o rol de autores de blog
  • creados os alias correspondentes
  • creada a categoría de etiquetado libre
  • asignada unha plantilla a cada blog
O último que lle resta ao administrador e poñer un enlace visible na páxina xeral do centro aos distintos blogs.

Existen diferentes posibilidades quizais a mais cómoda sexa crear un bloque no que se amose cada un dos enlaces, como un blogroll.

En princpio posto que os autores de blog teñen permiso para administrar bloques técnciamente poderían facelo eles mesmos, pero para manter un certo orde o ideal sería que os bloques que se amosan na web xeral só os administre e configure o grupo de administradores e que os autores de blog só configuren os bloques do seu blog e na plantilla que teñan asignada.


Elaboración do bloque cos enlaces aos blogs do centro

Imos crear un bloque no que aparezan:
  • Unha imaxe na parte central.
  • Enlaces aos blogs do centro.

Paso 1: a imaxe

  1. Busca a imaxe que queres empregar e a gardaa no teu equipo.
  2. Nota: Lembra que dispoñes do buscador de imaxes baixo licenza CC (Creative Commons) http://flickrcc.bluemountains.net/flickrCC/index.php

  3. Mide o ancho máximo da columna na plantilla do sitio (plantilla por defecto, establecida polo administrador). Emprega para elo o complemento measureit de Mozzilla Firefox (podes consultar neste enlace indicacións de como instalalo e do seu funcionamento http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/aulavirtual/mod/resource/view.php?inpopup=true&id=1393).
  4. En xeral para a maioría das plantillas o ancho máximo non debe superar os 175 píxeles (aínda que iso varía dunhas plantillas a outras)

  5. Edita a imaxe (podes empregar para elo GIMP, un programa de edición de imaxes de software libre e moi completo) debes reducila para que o ancho da imaxe non supere o ancho da columna.

Paso 2: os enlaces a incluír

  1. Copia as direccións ou URL dos blogs, son do estilo: http://www.edu.xunta.gal/centros/nomedocentro/blog/UID_usuarioautordoblog

A vantaxe de empregar os números de identificación de usuario en lugar dos alias é que aínda que modifiquemos o nome do blog o enlace seguirá funcionando.

Neste enlace tes información de como averiguar o UID de cada blog http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/aulavirtual/mod/resource/view.php?inpopup=true&id=1406


Paso 3: Crear o bloque

  1. Vai a Administrar > Construción da páxina > Bloques administrar bloque

  2. A páxina de administración de bloques se abre por defecto pola plantilla que emprega a web xeral do centro (plantilla por defecto, establecida polo administrador) plantillas para bloques

  3. Preme sobre a pestana "Engadir bloque" engadir bloque

  4. Pon unha descrición ao bloque.

  5. No corpo emprega o navegador de imaxes (IMCE) para subir e engadir a imaxe (tal e como aprendiches no tema 2 deste curso. Podes centrar a imaxe empregando os botóns de formato (ver tema 2 deste curso)
  6. Agora teclea a lista dos nomes dos blogs do centro. Podes empregar viñetas para unha mellor visualización do listado. inxerir hiperenlace

  7. Selecciona o nome dun blog e preme na icona de "Insertar/editar hipervínculos" para enlazalo coa URL correspondente. Repite o proceso para cada un dos blog. O modo de insertar hipervínculos está explicado no tema 3 deste mesmo curso. inxerir hiperenlace 2
  8. Cando remates preme sobre "Garda-lo bloque" para gardar os cambios


Paso 4: Configuración do bloque

  1. Na lista de bloques poderás ver agora o bloque que acabas de crear, abaixo na zona de bloques desactivados. O primeiro que debes facer é "Configurar" o bloque
  2. Indica o modo de visualización (collapsible ou normal).

  3. Escribe o título ou nome co que amosará o bloque, por exemplo: blogs do centro

  4. Podes indicar tamén se será visble para todos os roles ou só para algúns específicos. Se non marcas ningún rol enténdese que os marcas todos. A opción habitual é deixalo visible para todos os roles e nese caso, non marcar ningún rol específico.

  5. Se nos queres que o bloque se amose nos blogs activa a opción "Amosar en todas as páxinas agás nas listadas" e escribir a ruta blog/*
  6. Preme sobre o botón "Garda-lo bloque" para gardar os cambios


Paso 5: posicionamento do bloque na páxina

  1. Activa o bloque colocándoo nalgunha das columnas laterais

  2. Ponlle un peso entre -10 e 10 (os elementos máis pesados se afunden e os máis lixeiros "flotan") bloque configurado
  3. Preme sobre o botón "Garda-los bloques" para gravar os cambios

  4. Poderás ver unha vista do aspecto que terá o bloque e facer os cambios de posición e peso que precises
  5. Se todo está correcto, observa o resultado final

bloque final