Administrando os blogs en Drupal


Administrando os blogs en Drupal

Indicacións xerais para os administradores da web acerca dos blogs e a configuración precisa para que sexan funcionais


3. Cada Blog co seu tema (Módulo Taxonomy Theme)

O Blogs precisan empregar temas ou plantillas diferentes da web xeral do centro por dous motivos:

  • Distinguirse ou singularizarse da web xeral: o xeito de traballar nun blog é diferente que na web xeral do centro.

Mentras na páxina web recollemos información “oficial” de interese xeral para toda comunidade educativa: pais, alumnos e profesores, os blogs son espazos de interacción e colaboración co alumnado dunha clase en particular (3º A, 4º B...) ou dunha área ou materia (Matmáticas, Infantil, Biblioteca..)

Cada blog está marcado polas peculiaridades do grupo, os seus intereses e o modo en que interactúen. O xeito de traballar de cada blog será diferente, a finalidade, os obxectivos, as rutinas de traballo... e terá contidos diferentes.


  • Xestión dos bloques: En Drupal os bloques se xestionan para cada tema ou plantilla de xeito independente polo que para poder xestionar os bloques tanto da páxina como dos blogs dun xeito cómodo e sen que uns interfiran ou molesten aos outros é necesario que cada blog empregue unha plantilla ou tema diferente.


O módulo instalado actualmente que fai posible que cada blog empregue unha plantilla diferente chámase Taxonomy Theme.


O módulo Taxonomy Theme

Este módulo permite asociar diferentes temas, podéndose configurar tanto para os diferentes tipos de contido, as vistas ou as rutas ou alias URL.

En websdinámicas empregaremos a opción de configurar os temas por rutas ou alias URL

  • Páxina do proxecto: http://drupal.org/project/taxonomy_theme
  • Versións recomendadas para as que está dispoñible: 5.x, 6.x-1.0-beta1, 7.x-1.x-dev

Este módulo está dispoñible e visible para todos os centros do proxecto en multisite ver 5.x. O administrador da web de cada centro debe activalo e configuralo para o seu funcionamento


Activación do módulo

  1. Ir a Administrar > Construción da páxina > Módulos administrar módulos
  2. Na lista de módulos dispoñibles que se amosan activamos o módulo Taxonomy Theme activar taxonomy theme
  3. Prememos en “Garda-la configuración” para gardar os cambios


Configuración do módulo

Unha vez activado o módulo o primeiro que deberos facer é configuralo axeitadamente , para iso deberemos facer dúas cousas:
  1. Adminsitrar os permisos de administración do módulo.

    Aínda que o módulo xa está activo senón lle asignamos permisos a ningún rol ninguén poderá traballar con el nin configuralo, por isto é moi importante que despois de administrar o módulo vaiamos a control de aceso e activemos os permisos polo menos para o rol de administrador.

    ruta: Administrar > Mantemento de usuarios > Control de acceso >

    configurar permisos

    Na xanela de permisos que aparece marcamos para o rol adminsitrador as opcións correspondentes do apartado taxonomy_theme módulo: administer taxonomy_theme e assign node themes

    permisos administrador

    permisos para administrador

  2. Configurar o módulo

  3. Podemos aceder a páxina de admisitración do módulo dende tres diferentes rutas, calquera de elas é válida (elixa a que lle resulte mais cómoda):

      • Dende a páxina de administración dos módulos prememos sobre o enlace “páxina de administración do módulo” dispoñible na parte superior da páxina configurar un módulo

      • Tamén podemos acceder dende a páxina de administración do sitio (Administrar) a través das rutas habituais:

        • ruta: Administrar > ("Por tarefa") Construción da páxina > Taxonomy Theme conf por tarefa

        • ruta: Administrar >("Por módulos") > seleccionar o módulo na lista de módulos activos > Taxonomy Theme administrar por móduloconf por módulo

      A páxina de administración do módulo consta de catro pestanas:

      • “Global”: configuracións globais do módulo

      • “Taxonomía”: opcións de configuración no caso de querer empregar a opción de personalizar os temas segundo as categorías. Este non é o noso caso, xa que a web xeral do centro empregará unha única plantilla (a establecida por defecto) e os blogs non empregan menús taxonomizados senón folksonomías, polo que nesta pestana non activiaremos nin realizaremos ningunha modificación.

      • “Foro”: permite a personalización de temas para os foros, opción que tampouco empregamos, xa que todos os foros do centro amósanse coa mesma plantilla: a da páxina xeral do centro (plantilla ou tema por defecto ) polo tanto non activaremos nin modificaremos nada nesta pestana.

      • “Extended (Paths)”: que permite estabrecer diferentes plantillas para rutas ou alias URL do sitio. Esta será a opción que imos a empregar xa que lembremos que tanto o blog como todos os seus artigos empregan alias de URL co mesmo prefixo (blog/nomedoblog)

    1. Configuracións globais do módulo conf glogal de taxonmy themes

      • Enable Taxonomy-based templates: esta opción debe estar marcada para activar o módulo.

      • Allow all themes: se activamos esta opción amosará todos os temas nas páxinas de administración do módulo , noutro caso só se visualizarían os temas que o administrador teña habilitados (as plantillas as habilita o administrador en Administrar > Construción da páxina > Plantillas)

      • Enable 'Extended' (path-based) assignment of themes: habilita a asignación de temas a rutas ou alias URL. Esta é opción que imos a empregar polo que necesariamente temos que activala.

      • Enable 'Themes for Views': habilita a asignación de temas ás vistas. Non a imos a empregar xa que as vistas empregadas na páxina xeral levarán sempre o tema ou plantilla estabrecida por defecto para o sitio, e as vistas empregadas nos blogs usarán a mesma plantilla que o blog.

      • Show theme option in create/edit node forms: esta opción amosaría durante a creación de contidos a lista de temas de xeito que se podería asociar un contido particular a un certo tema, opción que non imos a empregar xa que como dixemos a páxina xeral e os blogs empregarán cada un a súa plantilla e será sempre a mesma.

      • Show theme option on term/vocab/content-types pages: esto permitiría amosar na páxina de administración de categorías e na de configuración dos tipos de contido a opción de elexir diferentes temas. Aínda que non imos a empregar esta posibilidade teremos que deixala marcada xa que noutro caso non funcionaría a opción de asignar temas a rutas ou alias URL.

      • Prememos en “Garda-la configuración” para gardar os cambios.

    2. Configuracións para “Extended (Paths)” conf dos path en taxonomyh theme
      Esta pestana nos permite asignar un tema a unha ruta ou alias de URL determinada.
      Visualizaremos unha lista dos temas ou plantillas dispoñibles (todas ou só as habilitadas segundo establecemos en opcións globais). O único que teremos que facer é:

      • Seleccionar na lista o tema ou plantilla empregado por un blog

      • No cadro de texto que se abre introduciremos as rutas ou alias de URL empregadas nese blog.

      • Facemos o mesmo para cada blog do centro.

      A sintaxe empregada para introducir as rutas é a seguinte:

      • As rutas deben ser internas ou relativas (é dicir poñeremos blog/nomedoblog e non www.edu.xunta.gal/centros/nomedocentro/blog/nomedoblog)

      • Introduce unha ruta ou alias da ruta por cada liña

      • O caracter '*' é un como comodín para calquera cadea,

      • O caracter '%' es un comodín para calquera cadea non baleira que non conteña un slash (“/”)

      • O caracter “#” é un comodín para calquera cadea non baleira que conteña unicamente díxitos ou números

      No caso dos blogs en websdinámicas engadiremos polo menos as seguintes rutas: rutas do blog

      • a ruta “real”do blog: blog/UID_usuario, por exemplo blog/86

      • o alias da ruta do blog: blog/nomedoblog (por exemplo blog/a_maxia_de_aprender

      • a ruta dos contidos do blog: blog/a_maxia_de_aprender/*

    3. Prememos finalmente no botón “Garda-la configuración” para gardar os cambios.


    Cando vaiamos a un dos blogs veremos como cada un se amosa cunha plantilla diferente dando a sensación visual de que estamos “noutra web” pero dentro do portal educativo do centro.

    Aquí vos deixamos dúas imaxes con diferentes resutlados:

    exemplo 1 de blog


    exemplo 2 de blog