2. URLs limpas e amigables

As URL semánticas ou URL amigables son aquelas URLs que son, dentro do que cabe, entendibles para o usuario.

Lonxe das clásicas URLs das páxinas dinámicas cheas de variables GET e números difíciles de lembrar, as URL semánticas están formadas con palabras relacionadas co contido da páxina e fáciles de lembrar.


Por que utilizar url limpas e amigables?

Hai dúas razóns principales para que reescribas as túas URL.

  1. Facilitar e optimizar o traballo dos motores de busca ou procura (como google)
  2. As URLs limpas e amigables son indexadas máis facilmente polos buscadores que aceptan moito mellor as direccións URL que non conteñen longas cadeas de consultas.

    Con URLs amigables, os motores de procura poden distinguir os nomes de cartafol e poden establecer vínculos reais coas palabras crave.


  3. Facilidade de uso e mantemento
  4. A outra razón de peso para levar a cabo a reescritura das URL é o aumento na facilidade de uso para os propios usuarios da páxina web, e nas tarefa de mantemento para os administradores.

    Ademais as URLs amigables son moito máis fáciles de lembrar.


Consellos sobre a elección de alias URL

Cando decides que a túa páxina web necesita un cambio e comezas a reescribir os teus URL, asegúrache de que:

  1. Son o máis breve posibles (para aumentar a facilidade de uso),

  2. Utiliza guións en lugar de guións baixos (para que teña máis posibilidades de clasificación o máis altas posible nos motores de procura),

  3. Utiliza as letras minúsculas en lugar de maiúsculas (para evitar situacións de conflitos entre repeticións de maiúsculas e minúsculas)

  4. Utiliza alias de url fáciles de lembrar e entender para o usuario da web.


URL limpas en websdinámicas

A documentación oficial sobre as URL limpas en Drupal pode consultarse en http://drupal.org/node/15365

A posibilidade de estabrecer urls limpas está incluída dentro do módulo System que sempre estivo dispoñible (tanto no antigo servidor "centros" como en multisite)

Antes da migración a multisite non era posible activar esta opción xa que non funcionaba no servidor de "centros".

Dende a migración a multisite solucionuse o problema e a opción de utilización de urls limpas está activada por defecto, polo que xa non aparecen urls do tipo www.edu.xunta.gal/centros/?q=node

En lugar diso visualizamos sempre urls do tipo www.edu.xunta.gal/centros/node

Se no teu centro non é así podes activar dita opción, o proceso é sinxelo e leva apenas uns segundos facelo.


Pasos a seguir para a activación de url limpas

  1. Dende a páxina de administración prememos sobre a pestana "Por módulo" administar por módulo

  2. Buscamos o módulo "System" e seleccionamos a opción "URLs limpas" modulo url limpas

  3. Antes de activalas debemos realizar unha proba de fucnionamento premendo sobre o enlace "Realizar a proba de URL limpa" (a proba dura uns segundos e non require de ningunha acción por parte do usuario ) url limpas desactivado

  4. Unha vez feita a proba aparecerá entón a opción para activar as URL limpas, prememos sobre "Activado" e despois sobre o botón "Garda-la configuración" url limpas activado

  5. Listo! se nos fixamos na barra de enderezos xa non aparecerán expresións "?q=" nos enderezos do sitio


Módulo Path: URLs amigables en Webs Dinámicas (alias de url)

As URL amigables ou alias de URL consíguense en Drupal empregando o módulo Path.

No enderezo http://drupal.org/documentation/modules/path podemos atopar a información oficial de Drupal sobre este módulo do core que está dispoñible para todas as versións de Drupal.

Ademais das vantaxes mencioandas anteriormente o uso de alias URL resulta imprescindible para os blogs xa que este mecanismo en combinación co módulo Taxonomy Theme é o que fai posible que os blogs en Webs dinámicas poidan dispoñer dunha plantilla ou tema diferente do resto da web do centro.

O módulo Path é un módulo do core de Drupal polo que está dispoñible en calquera versión e en tódalas instalacións, tanto nos centros migrados a multisite como os do antigo servidor de "centros"

Para poñelo a funcionar o administrador deberá:

  1. Comprobar se o módulo está activo e se é necesario Activalo (non precisa de configuración) modulo path
  2. Comprobar nos permisos do rol autores de blog que teñen dita opción activada. alias permisos
  3. Crear manualmente alias para algúns espazos, como por exemplo os blogs do centro engadir alias blog
Despois será cada usuario autor de blog quen cree os alias ou nomes amigables para os seus artigos a medida que os crea.


Activación do módulo Path

Ruta: Administrar > Construción da páxina > Módulos e na lista de módulos dispoñibles buscamos o módulo Path e o activamos

alias activado

Configuración do módulo Path

O módulo NON ten ningún tipo de configuración.


Administración dos permisos dos módulo

  1. Imos a Administrar e prememos sobre a pestana "Por módulo" . admnistar por módulo

  2. Veremos a lista de administración dos módulos activos. Na lista buscamos o módulo Path modulo path

  3. Prememos sobre a opción "Configurar permisos" (outra forma de chegar ata aqui sería Administrar > Mantemento de usuarios > Control de aceso)patn permisos

  4. Para o rol administrador marcamos as opcións:

    • administrar alias de url

    • crear alias de url

  5. Para os demais roles marcamos unicamente a opción:

    • crear alias de url

  6. Prememos sobre o botón "Gardar Permisos" para gardar as modificacións feitas.

Dende este momento todos os usuarios da web do centro poderán crear os alias dos contidos que publiquen ao mesmo tempo que crean os contidos, en particular os autores de blog tamén.

Crear manualmente alias amigables para os blogs

Os alias dos contidos os irán creando os usuarios a memida que publican pero hai unha serie de alias que debe dar de alta o aministrador.

Existe tamén a posibilidade de dar permisos aos usuarios do rol "autores de blog" para administrar as alias e que sexan eles memso quenes fagan este traballo (dar de alta o alias do blog) . Nese caso debemos de ter claro que os usuarios dese rol poderían acceder a todos os alias do sitio e por erro modificar os que non lle corresponde,

Estes alias están vinculados non a un único contido senón a todos os contidos dun autor determinado: os artigos ou entradas dun blog.

Por defecto Drupal crea un número de identificación para cada usuario o UID_usuario (que está relaciondo coa orde na que se deu de alta a ese usuario no tempo:

  • o usuario 1 é sempre webmaster (o superusuario) e sempre é o primiero usuario que se crea no sitio (o UID sería 1)
  • o usuario 2 é sempre admin (usuario administrador xenérico dos centros participantes en websdinámicas) e é o usuario que se creou en segundo lugar (o UID sería 2)
  • o usuario que o administrador crease en terceiro lugar é o usuario 3 (o UID sería 3)
  • e así sucesivamente.

Drupal por defecto asigna a cada usuario un blog que pasa a chamarse o "Blog deusuario" e que queda identificado no sistema coa ruta "blog/UID_usuario"

Exemplo: Se o usuario _A maxia de aprender foi creado no lugar 86, o seu blog, que se chama "blog de_A maxia de aprender" ten por defecto a ruta interna "blog/86" (a ruta completa sería: www.edu.xunta.gal/centros/nomedocentro/blog/86). O que deberiamos facer é crear un alias para esta ruta de xeito que blog/86 pasase a verse como blog/a_maxia_de_aprender

O que o administrador deberá facer é crear alias amigables para os blogs de xeito que ademais estabreza cal será o "prefixo" que empregarán todos os contidos dos blogs.

Pasos a seguir

  1. O primeiro que debe facer é averiguar o UID de cada usuario autor de blog

    • Imos a Administrar > Mantemento de usuarios > Lista de usuarios >Buscamos o usuario do blog e prememos sobre o seu nome lista de usuarios

    • Na barra de enderezos veremos que na url se amosa ao final o número de identificación dese usuario, algo do estilo http://www.edu.xunta.gal/centros/nomedocentro/user/86 ou semellante, o número que aparece ao final é o UID dese usuario UID usuario

  2. O segundo que debe facer é crear un alias para a URL do blog de xeito que a URL blog/UID_usuario quede substituída por blog/nomedeusuario

No exemplo de antes (é só un exemplo) crearíamos un alias para identificar blog/86 con blog/a_maxia_de_aprender

    • Imos a Administrar > Construción da páxina > Alias de URL alias engadir

    • Prememos sobre a pestana "Engadir alias" engadir alias

    • No formulario que se visualiza debemos escribir primeiro a url orixinal (blog/UID_usuario, por exemplo blog/86) engadir alias

    • No recadro de abaixo escribir a URL alternativa ou alias (será algo do tipo blog/nomedousuario. Seguindo co exemplo de antes sería blog/a_maxia_de_aprender

  1. Para rematar debemos informar aos usuarios dos blogs das url que deben empregar e insistir na necesidade que lembren sempre de escibir o alias correspondente para o seu blog


Como crean alias os usuarios autores de blog

  1. Inician sesión co seu usuario de autor de blog
  2. Seleccionan crear contido tipo artigo de blog
  3. Poñen etiquetas ou tags que axuden a catalogar o artigo
  4. Poñen o título para o artigo
  5. Escriben no corpo o texto do artigo e algunha imaxe que o acompañe
  6. Na zona correpsondente Axustes de ruta URL escriben un enderezo seguindo o seguinte criterio: blog/nomedeusuriodoblog/nome-para-o-artigo (na imaxe do exemplo: blog/infantil/marcelle fai referencia a un artigo sobre unha visita escolar á granxa de Marcelle que está publicado no blog de infantil) alias url
  7. Finalmente preme sobre "Enviar" para publicar o artigo

Se te fixas na zona de enderezos do navegador poderás ver que a url que se amosa e limpa e amigable.
resultado url amigables