Traballando nos blogs en websdinámicas. Introducción
Documentación sobre os blogs e o seu funcionamento en Drupal
Traballando nos blogs en websdinámicas. Introducción por websdinamicas en colaboración con CEIP Francisco Vales Villamarín se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España.
Basada en una obra en www.edu.xunta.es.
1. Que é un blog?
Blog na wikipedia
Un blog, ou en castelán tamén unha bitácora, é un sitio web periodicamente actualizado que recopila cronoloxicamente textos ou artigos dun ou varios autores, aparecendo primeiro o máis recente, onde o autor conserva sempre a liberdade de deixar publicado o que crea pertinente.
O nome bitácora está baseado nos cadernos de bitácora, cadernos de viaxe que se utilizaban nos barcos para relatar o desenvolvemento da viaxe e que se gardaban na bitácora.Este termo inglés blog ou weblog provén das palabras web e log ('log' en inglés = diario).
O termo bitácora, en referencia aos antigos cadernos de bitácora dos barcos, utilízase preferentemente cando o autor escribe sobre a súa vida propia coma se fose un diario, pero publicado na web (en liña).Descrición
Habitualmente, en cada artigo dun blog, os lectores poden escribir os seus comentarios e o autor darlles resposta, de forma que é posible establecer un diálogo.
Non obstante é necesario precisar que esta é unha opción que depende da decisión que tome ao respecto o autor do blog, pois as ferramentas permiten deseñar blogs nos cales non todos os internautas -ou mesmo ningún- poidan participar.
O uso ou tema de cada blog é particular, hainos de tipo: xornalístico, empresarial ou corporativo tecnolóxico, educativo (edublogs), políticos, persoais (Contido de todo tipo), especificos como os vlog (video blogs) etc.Características técnicas
Existe unha serie de elementos comúns a todos os blogs.
Comentarios (ou post)
Mediante un formulario permítese, a outros usuarios da web, engadir comentarios a cada entrada, podéndose xerar un debate arredor dos seus contidos, ademais de calquera outra información.
Enlaces
Unha particularidade que diferenza aos blogs dos sitios de noticias é que adoitan incluír múltiples enlaces a outras páxinas web (non necesariamente blogs) como referencias ou para ampliar a información agregada.
Ademais e entre outras posibilidades, permite a presenza e uso de:
- Unha ligazón permanente (permalinks) en cada anotación, para que calquera poida citala.
- Un arquivo das anotacións anteriores.
-
Unha lista de ligazóns a outros weblogs seleccionados ou recomendados polos autores, denominada habitualmente Blogroll.
Fotografías e vídeos
É posible ademais agregar fotografías e vídeos aos blogs, ao que se lle chamou fotoblogs ou videoblogs respectivamente.
Redifusión
Outra característica dos blogs é a multiplicidade de formatos nos que se publican.
Á parte de HTML, adoitan incluír algún medio para redifundilos, é dicir, para poder lelos mediante un programa que poida incluír datos procedentes de moitos medios diferentes.
Xeralmente, para a redifusión, úsanse fontes web en formato RSS
Características sociais
Dado que se actualizan frecuentemente e permiten aos visitantes responder ás entradas, os blogs funcionan a miúdo como ferramentas sociais, para coñecer persoas que se dedican a temas similares; co cal en moitas ocasións chegan a ser considerados como unha comunidade.
Interactividade
Un aspecto importante dos blogs é a súa interactividade, especialmente en comparación a páxinas web tradicionais.
Emprego en comunidades
O método de publicación que usan os blogs volveuse tan popular que se usan en moitas comunidades só para manexo de noticias e artigos onde non só participa un, senón varios autores enchendo a comunidade de artigos.
Información obtida da wikipedia pique neste enlace para ver a entrada completa.