Traballando con elementos multimedia en Drupal
4. Inxerir un vídeo
Nos nosos artigos podemos incorporar arquivos de vídeo sen ter que depender de portais externos ou, o que é máis importante, se depender da súa existencia nin incorporar outra publicidade engadida.Así que é posible que acompañemos os nosos contidos, tanto para artigos, como para contidos páxina e semellantes (nodos, segundo a terminoloxía de Drupal) con vídeos que se poden reproducir directamente, sen necesidade de ser descargados previamente (streaming) e sen ter que facer chamadas a portais externos que sempre nos meten, a maiores, publicidade, enlaces a outras páxinas, etc.
Para que esto sexa posible, as páxinas dos centros xa contan cun módulo (SWF Tools) que permite reproducir os ficheiros con tan só ser adxuntados á páxinas (páxina, historia, ...).
O único requisito é que estes ficheiros de vídeo teñen que estar en formato FLV (Flash Vídeo) e o seu tamño non debe superar o máximo establecido polo administrador[1]. Este formato é o mesmo que empregan os outros portais de vídeos: YouTube, GoogleVideo, etc.
Como este formato, específico para a publicación dos vídeos a través de Internet, non é habitual, teremos que obter ditos ficheiros por outros medios, entre os que sinalamos dous:
- Obter un vídeo de Internet: YouTube, por exemplo, descargando dito vídeo en formato FLV para o noso equipo e, poder así, incorporla posteriormente á nosa web. Podes consultar na sección de material complementario deste mesmo tema como obter un vídeo de internet de forma sinxela empregando un puling para Mozilla (o plugin download helper)
-
Dispoñer dun video propio e convertelo a formato flv. Xeralmente as cámaras gravan o vídeo en formatos AVI, MPEG, ...etc. teremos por tanto que convertir o video ao formato FLV. Algúns programas interesesantes para convertir vídeo son Free Studio, any video converter e supra, pero existen moitos mais conversores de vídeo cada un ten que empregue o que lle resulte mais doado. Podes consultar na sección de material complementario deste mesmo tema algúns converseros sinxelos de manexar e gratuítos.
É moi importante que revisemos o nome do arquivo xa que non pode levar ningún carácter especial, nin comas, espazos, acentos, eñes, símbolos ...etc. ISTO É FUNDAMENTAL, xa que noutro caso o vídeo podería non reproducirse.
Enviamos o novo contido e automaticamente xa o teremos listo para a súa reprodución na web.
NOTA
[1] Ter en conta que o tamaño máximo de subida para un arquivo é de 40 MB, para que vos fagades unha idea aproximadamente uns 13 minutos de vídeo (en formato flv). O administrador da web independentemente deste límite pode ter outro establecido para cada rol, é por exemplo moi habitual que o límite de subida de arquivos estea limitado a 10 Mb, se precisades enviar qrquivos mais grandes deberedes de falar co administrador da web para que suba o límite establecido.
No caso de vídeos moi longos: sempre os podedes editar e dividir en partes de 5 ou 10 minutos e despois subir todos os “anacos” como varios adxuntos ao mesmo contido.
Unha vez feito, Drupal encárgase automaticamente de volver a “pegalos” e reproducilos como un vídeo con varios capítulos.