Prezadas familias,
De acordo coa normativa vixente dos órganos colexiados de goberno dos centros docentes públicos non universitarios, procede levar a cabo no curso actual a renovación parcial de membros do Consello Escolar deste colexio.
Segundo o cumprimento da Resolución do 19 de setembro de 2022, no vindeiro mes de novembro realizarase o proceso electivo para membros do Consello Escolar.
Para organizar e supervisar dito proceso deberá ser nomeada unha xunta electoral, da que formará parte a directora, un mestre ou mestra e un pai ou nai ou titor legal e un representante do PAS.
Para iso, o venres 28 de outubro, ás 13:30 horas, terá lugar na Sede do CRA o sorteo público do que resultarán os membros: sector de pais/nais e mestres/as que constituirán a citada Xunta Electoral.
Posteriormente recibirán vostedes información sobre as distintas accións que se levarán a cabo para o desenvolvemento desta renovación parcial do Consello Escolar.
Neste curso renovaranse dous mestras/es e unha nai/pai.
O Consello Escolar é o órgano colexiado a través do cal participan na xestión do centro os distintos membros da comunidade educativa.
É pois moi importante a implicación e participación de todos/as.
Cordiais saúdos.