No Entroido concienciámonos co cambio climático!
Un ano máis, celebramos o entroido por todo o alto. Nesta ocasión, a temática era relacionada co cambio climático, os desastres naturales e mesmo artificiales, que moito ten que ver o home. Para iso, cada escola escolleur un de estos desastres para poder representalos con humor pero tamén reividincando un planeta máis limpo e saudable.
Ás 16 horas estaban todos os nenos e nenas coas súas familias para amosar o traballo de este último mes. Comezamos con un desfile, onde non faltou a música nin algunha simpática representación. Premendo na seguinte ligazón, poderedes ver fotos do desfile e das distintas escolas:
De seguido, chegou a hora das representacións por escolas. Lestedo foi a escola encargada de dar o pistoletazo de saída coas inundacións. Un equipo de Protección Civil de Boqueixón-Vedra avidou qeu viña unha alerta por auga e vento. Finalmente tiveron que levar a cabo un salvamento con lancha incluida para salvar á xente que non podía sair das súas casas e tampouco faltaron os voluntarios para limpar as rúas e estradas da lama.
Da auga pasamos aos incendios, coa escola de Sergude. Tamén fixeron unha representación do mal que pode facer o lume en xeral e o home en particular. A situación na que s epoden ver moitos animais e plantas e a gran axuda que nos ofrecen os equipos de bombeiros...con camión incluído.
A continuación foi o turno da escola de Camporrapado. Alá viñeron dispostos a limpar os mares de plásticos. Deste xeito, coa súa actuación, axudáronnos a concienciar da importancia de non verter lixo polo prexuizo que lles fai aos animais do mundo mariño. Alí etaban os pescadores axudando a que o medio mariño vivira máis feliz.
De seguido sumerxímonos da man da escola de Sarandón polos fondos mariños para reivindicar e concienciar da imporde coller o lixo da natureza. Acompañados coa canción de "Yellow submarine", dos Beatles, deleitáronnos con coplas en contra da contaminación.
E xa que estamos ca auga, foi o turno da escola de S Xián, co desxeo. Non cabe a menor dúbida que traballaron e interiorizaron esta temática con unha copla reivindicativa, que os nenos e nenas elaboraron coa axudas das titoras. Para volvela a desfrutar e como todas as escolas, premede na seguinte ligazón.
Como broche de ouro, a escola de S Fins, foi a encargada de concienciarnos da importancia de coidar o mediambiente, do mal que a contaminación fai no noso día a día e como pode repercutir na nosa saúde.