SITUACIÓN

 O concello de Bergondo está situado na marxe occidental da Ría de Betanzos, no corazón do Golfo Ártabro, en plena comarca natural das Mariñas dos Condes, provincia de A Coruña. Dentro da comarca ocupa a zono noroeste, limitando cos municipios de Sada, Oleiros e, fóra da comarca, co concello de Betanzos.

  Bergondo pertence ó Partido Xudicial de Betanzos, e está integrado no "Consorcio das Mariñas" e na área Metropolitana de A Coruña. A poboación está distribuída en nove parroquias: Babío, Bergondo, Cortiñán, Guísamo, Lubre, Moruxo, Ouces, Rois e Vixoi.