Skip to Content

CRA A Tarandeira - Lugar da Esfarrapa, 52 - 15147 Coristanco (A Coruña) - 881 88 05 52 - cra.atarandeira@edu.xunta.gal

Novas

Comezo do curso 2024-25

O CRA A Tarandeira informa:

A actividade lectiva dará comezo o mércores 11 de setembro.

Nos vindeiros días e antes do inicio do curso as titoras convocarán ás familias a unha reunión.

Lembrade que estamos ao voso dispor e para mantervos informados seguídenos nesta web e nas redes.

Libros de texto 2024-25

O CRA A Tarandeira, informa que o vindeiro curso 2024-25 non se empregarán libros de texto nin en Educación Infantil nin en Primaria. Tan só haberá libro de texto na materia de inglés en 2º de Educación Primaria. Porén, o alumnado contará na aula con libros de consulta facilitados polo CRA para a preparación das diferentes áreas curriculares.

Preme na seguinte ligazón para veres a referencia do libro de texto de inglés que está incluído nas axudas de libros de texto.

Matrícula novo alumnado 2024/25

A Dirección do C.R.A. A Tarandeira, informa que o novo alumnado admitido neste centro no vindeiro curso 2024/25 debe formalizar matrícula do día 20 ao 30 de xuño.

De seguido relaciónanse os documentos necesarios para a matrícula do/a voso/a fillo/a.

A Dirección deste centro atenderavos en horario de 9:00 a 14:00 h a partir do martes 25 de xuño na sede do CRA A Tarandeira no lugar da Esfarrapa, 52 - Coristanco. Tamén podedes entregar a documentación de matrícula na sede de Santa Comba ou na Escola de Lañas (A Baña), concertando cita previa nos teléfonos do centro: 881 88 05 52 / 663 729 504

Todos os formularios están dispoñibles nesta mesma páxina web premendo na listaxe arriba indicada. Tamén volos podemos facilitar na propia sede do CRA, ou ben por correo electrónico.

Axudas para libros de texto e material escolar 2024/25. Educación Primaria

Estimadas familias,

O día 7 de maio foi publicada a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado de Educación Primaria matriculado en centros públicos para o curso 2024-25. As solicitudes poden ser entregadas até o 21 de xuño.

Para facer a solicitude teredes que acudir á aplicación Fondolibros e cubrir os formularios requiridos (Anexo I e  Anexo II) e entregalos pola sede electrónica ou ben podedes presentar toda a documentación no centro. 

A continuación, presentamos un documento onde se vos explica o máis salientable da Orde e que vos pode ser de axuda. Copias deste documento e dos formularios de solicitude estarán dispoñibles nas respectivas escolas. 

Importante: o alumnado que o vindeiro curso pase a un novo centro, terá que entregar a solicitude nese centro. 

Para calquera dúbida estamos á vosa disposición nos teléfonos: 881885502 / 687769635 (Secretaría)

 

Admisión novo alumnado. Curso 2024/25

O CRA A Tarandeira informa que o vindeiro 1 de marzo ábrese o prazo de admisión de novo alumnado para o curso 2024/25.

Prazo de admisión: do 1 ao 20 de marzo.

Modelo de solicitude:

Solicitude segundo o Anexo II, (procedemento ED550B), aprobado pola Orde de 21 de outubro de 2022, poderá cumprimentarse dos seguintes xeitos:

 Documentación a entregar coa solicitude:

  • Fotocopia do libro de familia ou fotocopia do DNI do neno/a.

  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso. 

Lugar de presentación:

Na Secretaría da sede do CRA A Tarandeira, sita en Lugar da Esfarrapa,52 (Coristanco) en horario de atención do equipo directivo: luns de 09:00 a 14:00 (sede Coristanco). As solicitudes tamén poderán ser entregadas ás titoras nas respectivas escolas que llas farán chegar ao equipo directivo.

Normativa que regula o proceso: 

  • DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro,polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos. 

  • ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o procedemento para admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos. 

Principais puntos a ter en conta

  • Cada solicitante presentará unha única solicitude no colexio que solicita en 1º lugar.

  • En cada solicitude pódense pór ata 6 colexios por orde de preferencia.

  • No caso de presentar máis dunha solicitude en distintos centros o solicitante perderá o dereito de prioridade.

  • O alumnado que ten presentada solicitude de reserva nun centro se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva no primeiro centro. (Só para alumnado xa escolarizado nun centro)

  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro centro, deberá comunicalo ao mesmo tempo no centro de orixe. (Só para alumnado xa escolarizado nun centro).

  • As solicitudes fóra de prazo mandaranse á comisión de escolarización.

  • Se o alumno/a non obtivese praza no centro solicitado en 1º lugar, remitirase a solicitude á comisión de escolarización.

PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS BAREMADOS

Só será precisa, e será requirida, no caso de que o número de solicitudes sexa maior que o de prazas vacantes.

  • Fotocopia completa do libro de familia.

  • Certificado de empadroamento municipal no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven no domicilio.

  • Fotocopia da última declaración da renda dos pais. Necesaria só se non autorizan a comprobación de datos.

  • Fotocopia do carné de familia numerosa de ser o caso.

  • Fotocopia dos DNI dos pais ou titores legais. Necesaria só se non autorizan a comprobación de datos.

  • Certificado de minusvalía de ser o caso. Necesaria só se non autorizan a comprobación de datos.

  • Anexo II cuberto e coa puntuación cuberta.

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

Reserva de praza no centro de orixe: 15 xaneiro - 5 de febreiro.

Data do sorteo público a efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo.

Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.

Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo.

Presentación documentación xustificativa dos criterios alegados (cando o número de solicitudes sexa maior ao das prazas ofertadas): 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

Listaxe provisional de admitidos e non-admitidos: Antes do 25 de abril

Listaxe definitiva de admitidos e non-admitidos: Antes do 15 de maio

Formalización da matrícula: do 20-30 de xuño (anexo III)

Comezo do curso 2023-24

O CRA A Tarandeira informa:

A actividade lectiva dará comezo o luns 11 de setembro.

Nos vindeiros días e antes do inicio do curso as titoras convocarán ás familias a unha reunión.

Lembrade que estamos ao voso dispor e para mantervos informados seguídenos nesta web e nas redes.

Listaxe dos libros de texto. Curso 2023-24.

O CRA A Tarandeira, informa da listaxe de LIBROS DE TEXTO para o vindeiro curso 2023-24. Só haberá libros de texto en Educación Primaria, non en Educación Infantil. De todos os xeitos, nalgunhas escolas non se empregarán todos os libros. Non merquedes nin encarguedes ningún libro antes de falardes coa titora da vosa escola. Grazas!

Preme na seguinte ligazón para veres a listaxe.

Matrícula novo alumnado curso 2023/24

A Dirección do C.R.A. A Tarandeira, informa que o novo alumnado admitido neste centro no vindeiro curso 2023/24 debe formalizar matrícula do día 20 ao 30 de xuño.
De seguido relaciónanse os documentos necesarios para a matrícula do/a voso/a fillo/a.

A dirección deste centro atenderavos en horario de 9:00 a 14:00 h a partir do mércores 22 de xuño na sede do CRA A Tarandeira no lugar da Esfarrapa, 52 - Coristanco. Tamén podedes entregar a documentación de matrícula na sede de Santa Comba ou na Escola de Lañas (A Baña), concertando cita previa nos teléfonos do centro: 881 88 05 52 / 687 76 96 35 .

Todos os formularios están dispoñibles nesta mesma páxina web premendo na listaxe arriba indicada. Tamén volos podemos facilitar na propia sede do CRA, ou ben por correo electrónico.

Libros de texto curso 2022-23

O CRA A Tarandeira, informa da listaxe de LIBROS DE TEXTO para o vindeiro curso 2022-23. Só haberá libros de texto en Educación Primaria, non en Educación Infantil.

Preme na seguinte ligazón para veres a listaxe.

 

Libros de texto curso 2021-22

O CRA de Coristanco - Santa Comba, informa da listaxe de LIBROS DE TEXTO para o vindeiro curso 2021-22. Só haberá libros de texto en Educación Primaria, non en Educación Infantil.

Preme na seguinte ligazón para veres a listaxe.

Distribuir contido


by Dr. Radut