Skip to Content

CRA A Tarandeira - Lugar da Esfarrapa, 52 - 15147 Coristanco (A Coruña) - 881 88 05 52 - cra.atarandeira@edu.xunta.gal

ANPA

Libros de texto curso 2021-22

O CRA de Coristanco - Santa Comba, informa da listaxe de LIBROS DE TEXTO para o vindeiro curso 2021-22. Só haberá libros de texto en Educación Primaria, non en Educación Infantil.

Preme na seguinte ligazón para veres a listaxe.

Matrícula novo alumnado 2021-22

A Dirección do C.R.A. de Coristanco - Santa Comba, informa que o novo alumnado admitido neste centro no vindeiro curso 2021/22 debe formalizar matrícula do día 20 ao 30 de xuño.
De seguido relaciónanse os documentos necesarios para a matrícula do/a voso/a fillo/a.

A dirección deste centro atenderavos en horario de 9:30 a 14:30 h a partir do mércores 23 de xuño na sede do CRA de Coristanco - Santa Comba no lugar da Esfarrapa, 52 - Coristanco. Tamén podedes entregar a documentación de matrícula na sede de Santa Comba ou na Escola de Lañas (A Baña), concertando cita previa nos teléfonos do centro: 881 88 05 52 / 687 76 96 35 .

Todos os formularios están dispoñibles nesta mesma páxina web premendo na listaxe arriba indicada. Tamén volos podemos facilitar na propia sede do CRA, ou ben por correo electrónico.

Axudas para libros de texto e material escolar

Estimadas familias

O xoves 20 de maio saíu publicada no DOG a Orde do 6 de maio do 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado de educación primaria en centros públicos para o curso 2021-22. As solicitudes poden ser entregadas até o 22 de xuño (este incluído).

Para facer a solicitude teredes que acudir a aplicación Fondolibros e cubrir os formularios requeridos (Anexo I e  Anexo II) e entregalos pola sede electrónica ou ben podedes presentar toda a documentación no centro. Recordade que atendendo as recomendacións sanitarias, para acudir ao centro de forma presencial, usedes primeiro as canles de comunicación para solicitar cita previa.

A continuación, presentamos un documento onde se vos explica o máis salientable da Orde e que vos pode ser de axuda. Tamén están os dous anexos que hai que cubrir, para que se así o desexades os poidades descargar e imprimir. Se tedes algún problema para imprimir tamén se vos facilitarán impresos nas respectivas escolas e na sede do CRA.

Importante: O alumnado que o vindeiro curso continuará estudos nun novo centro, deberá entregar a documentación no novo centro.

Para calquera dúbida estamos a vosa disposición nos teléfonos: 881885502 (Dirección) 687769635 (Secretaria).

 

Formación dixital para as familias

Presentámosvos unha serie de vídeotitoriais que esperamos vos sexan de axuda para saber como podedes acceder á Aula Virtual do noso centro, á Aula Virtual Santillana para @s alumn@s de Primaria e como instalar e utilizar a aplicación abalarMóbil.

Preme na imaxe para accederes ao contido

Distribuir contido


by Dr. Radut