Skip to Content

CRA A Tarandeira - Lugar da Esfarrapa, 52 - 15147 Coristanco (A Coruña) - 881 88 05 52 - cra.atarandeira@edu.xunta.gal

BENVIDOS/AS Á ESCOLIÑA DE LAÑAS

A escola de Lañas é a única das 7 escoliñas do CRA A Tarandeira que se atopa situada no concello de A Baña. Actualmente contamos con 10 alumnos/as desde 4º de Educacion Infantil (3 aniños) ata 2º de Educación Primaria.

Lañas destaca por contar con diversos espazos que o alumnado e profesorado poden utilizar facilitando as diferentes actividades e facendo o proceso de ensino-aprendizaxe máis cómodo e máis práctico.

  • AULA DE TRABALLO: é a espazo de traballo habitual que utiliza o alumnado e o profesorado cada día para realizar as diferentes actividades programadas. Conta coas mesas e cadeiras do alumnado así coma con diversos recunchos de traballo e de xogo didáctivo, incluíndo un recuncho TIC.
  • BIBLIOTECA DE AULA: contamos cun espazo específico adicado á biblioteca. Tódolos días é utilizado para facer un tempo de conto e lectura así coma para realizar as asambleas diarias co alumnado.
  • AULA DE ARTE: trátase dun espazo dinámico que utilizamos para facer actividades relacionadas coa arte ou co proxecto que estemos a traballar nese momento. Ademais, permítenos facer desdobles co alumnado nos momentos que nos atopamos na escola varios mestres posibilitando, deste xeito, unha atención máis individualizada dos nenos/as.
  • AULA DE PSICOMOTRICIDADE: é o espazo que utiliza, fundamentalmente, o/a docente da especialidade de Educación Física e onde conta co material específico para as súas sesións.
  • “BRINQUEDOTECA”: espazo de xogo libre no interior. Os días que a climatoloxía non acompaña, utilizámolo para o tempo de lecer.
  • ESPAZOS EXTERIORES: contamos cunha gran zona verde ao aire libre no que os nenos/as poden xogar libremente con diferentes materiais e xoguetes dos que dispoñemos. Así mesmo, neste espazo exterior dispoñemos de mesas onde merendar ao aire libre ou facer algunha actividade didáctica respirando aire puro.

Ademais, contamos con SERVIZO DE “MADRUGADORES” o que facilita o proceso de conciliación nas familias que deciden escolarizar aos seus fillos/as na nosa escola.

Animádevos a coñecernos!



page | by Dr. Radut