Escola de Xaviña
Benvidos/as á escola de Xaviña.
A nosa escoliña atópase localizada na parroquia coñecida como San Tomé de Xaviña, situada no norte do concello de Coristanco.
Como aprendemos na nosa escola? Preténdese que as aprendizaxes sexan activas e globalizadas, traballando as competencias que serán necesarias para o futuro do noso alumnado. Para iso aplicamos:
Traballo por proxectos e traballo por ambientes (recuncho da linguaxe, dos números, da natureza artístico e a biblioteca) que permiten que a aprendizaxe sexa cooperativa.
Diferentes materiais: tanto de elaboración propia como obtidos do entorno natural, seguindo as ideas de María Montessori ou o enfoque Reggio Emilia: mesas de transvase, de area, bandexas individuais…
Novas tecnoloxías: ordenadores, pizarra dixital, tableta, e pequenos robots que nos permiten traballar robótica, programación, realidade aumentada e competencias STEM.
Métodos eclécticos de loxicamatemática e lectoescritura, combinando ferramentas para atopar o método que mellor se adapte a cada alumno/a.