Skip to Content

CRA A Tarandeira - Lugar da Esfarrapa, 52 - 15147 Coristanco (A Coruña) - 881 88 05 52 - cra.atarandeira@edu.xunta.gal

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTE-CRA

O pasado 24 de abril de 2024, coincidindo coa Semana do Libro, inauguramos a apertura ao público da nosa bibliote-CRA. Fainos moita ilusión compartir este proxecto con toda a Comunidade Educativa. Video resumo da inauguración:

 
AdxuntoTamaño
VIDEO DIA INAUGURACION BIBLIOTECRA.mp477.16 MB

Matrícula novo alumnado 2024/25

A Dirección do C.R.A. A Tarandeira, informa que o novo alumnado admitido neste centro no vindeiro curso 2024/25 debe formalizar matrícula do día 20 ao 30 de xuño.

De seguido relaciónanse os documentos necesarios para a matrícula do/a voso/a fillo/a.

A Dirección deste centro atenderavos en horario de 9:00 a 14:00 h a partir do martes 25 de xuño na sede do CRA A Tarandeira no lugar da Esfarrapa, 52 - Coristanco. Tamén podedes entregar a documentación de matrícula na sede de Santa Comba ou na Escola de Lañas (A Baña), concertando cita previa nos teléfonos do centro: 881 88 05 52 / 663 729 504

Todos os formularios están dispoñibles nesta mesma páxina web premendo na listaxe arriba indicada. Tamén volos podemos facilitar na propia sede do CRA, ou ben por correo electrónico.

Libros de texto 2024-25

O CRA A Tarandeira, informa que o vindeiro curso 2024-25 non se empregarán libros de texto nin en Educación Infantil nin en Primaria. Tan só haberá libro de texto na materia de inglés en 2º de Educación Primaria. Porén, o alumnado contará na aula con libros de consulta facilitados polo CRA para a preparación das diferentes áreas curriculares.

Preme na seguinte ligazón para veres a referencia do libro de texto de inglés que está incluído nas axudas de libros de texto.

AdxuntoTamaño
LIBROS DE TEXTO Primaria 24-25.pdf538.71 KB

Axudas para libros de texto e material escolar 2024/25. Educación Primaria

Estimadas familias,

O día 7 de maio foi publicada a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado de Educación Primaria matriculado en centros públicos para o curso 2024-25. As solicitudes poden ser entregadas até o 21 de xuño.

Para facer a solicitude teredes que acudir á aplicación Fondolibros e cubrir os formularios requiridos (Anexo I e  Anexo II) e entregalos pola sede electrónica ou ben podedes presentar toda a documentación no centro. 

A continuación, presentamos un documento onde se vos explica o máis salientable da Orde e que vos pode ser de axuda. Copias deste documento e dos formularios de solicitude estarán dispoñibles nas respectivas escolas. 

Importante: o alumnado que o vindeiro curso pase a un novo centro, terá que entregar a solicitude nese centro. 

Para calquera dúbida estamos á vosa disposición nos teléfonos: 881885502 / 687769635 (Secretaría)

 

AdxuntoTamaño
Información Familias 24-25.pdf232.94 KB
Anexo I e II.pdf3.49 MB

Listaxe provisional do alumnado admitido

O CRA A Tarandeira informa que xa se pode consultar na secretaría do centro a listaxe de alumnado admitido para o vindeiro curso 2024-25. Todas as solicitudes foron admitidas.

A formalización da matrícula realizarase do 20 ao 30 de xuño.



by Dr. Radut