QUEN SOMOS?
A Anpa Xuntanza, é unha Asociación de Nais e Pais de Alumn@s do CRA A Picaraña. Tendo en conta as características deste centro, formado por 6 aulas de educación infantil, situadas en distintas parroquias do noso concello: Areas, Pías, Ribadetea, Moreira, Parada e Portela. Polo cal, a formación desta Anpa, baséase na representación de cada unha das aulas nesta asociación, sendo un factor moi importante contar con un ou dous representantes, por aula, e así chegar dun xeito máis directo a cubrir as necesidades de cada unha delas.
QUEN A FORMAMOS?
Neste curso escolar 2023/24, a ANPA está contituída do seguinte xeito:
PRESIDENTE |
JOSE ÁNGEL MÁRQUEZ BOENTE (Moreira) |
VICEPRESIDENTE |
JOSÉ CORBACHO GONZÁLEZ (Ribadetea) |
SECRETARIO |
ISMAEL BOENTE REPRESAS (Portela) |
TESOUREIRA |
VANINA M. BRAÑA PUENTE (Parada) |
REPRESENTANTE DA ANPA NO CONSELLO ESCOLAR |
JOSÉ CORBACHO GONZÁLEZ JOSE ÁNGEL MÁRQUEZ BOENTE (Suplente) |
FINALIDADE DA ANPA:
- Asesorar e informar aos pais e nais no que respecta á educación dos fill@s e promover que exerzades os vosos dereitos e deberes.
- Promover a calidade educativa.
- Colaborar co Equipo Docente para o bo funcionamento das aulas.
- Potenciar a participación das familias na vida das aulas.
- Facilitar a representación e participación dos pais/nais dos alumnos ante as Institucións.
CANTO É A CUOTA DE SOCIO?
Este ano a cota estableceuse en 15€.
Recordade que ser asociadas da ANPA dávos acceso aos descontos que nos diferentes establecementos comerciais do Condado, Paradanta e Louriña se ofrecen, ao ser membros da Federación de Asociacións de Pais e Nais, FANPO. Ademais, tamén dá acceso a participar ao mesmo nivel que outros asociados nas actividades extraescolares que organicen as diferentes ANPAS das comarcas indicadas.