Curso 2023-2024

Ditos e refráns

Este é un vídeo recopilatorio dos ditos e refráns aportados polas familias.

ç

Cantigas

Estas foron as cantigas sobre as herbas máxicas que nos enviaron as familias. 

 

Tradición oral

DÍA DE ROSALÍA

DÍA DE ROSALÍA 2024

É ben sabido que Rosalía amaba facer referencias e metáforas coas flores e plantas da contorna. Fiando co noso proxecto documental integrado (PDI) Fiandeiras, para o día de Rosalía, traballaremos versos nos que ela nomea esas plantas.

O alumnado elaborará bombas de sementes e nelas pegará os versos (en papel compostable) que despois liberará en montes ou prados da contorna onde poden estar as plantas citadas nos seus poemas.

Podedes ver todos os versos no seguinte PDF.

O APALPADOR

O EDLG xunto coa Biblioteca do CRA preparou unha caixa viaxeira con libros e un pequeno peluche do Apalpador para que chegara as aulas e que todas as nenas e nenos do cole coñeceran a figura do vello carboeiro.

 

O  día que remataban as aulas polas vacacións de Nadal, recibimos a visita do Apalpador, que tras unha longa viaxe dende terras do Courel, chegou a Ponteareas (grazas a axuda inestimable da ANPA do noso centro) e percorreu as diferentes parroquias facendo paradas nas nosas escoliñas.

O SAMAÍN

Como cada ano, conmemoramos o Samaín nas nosas escolas, na propia aula ou en xuntanzas de interaulas, a través de moitas e diversas propostas baseadas no relato simbólico, en provocacións creativas, na expresión artística mediante o uso de elementos naturais, na experimentación e na estimulación dos sentidos.

Para ver máis imaxes das actividades desenvoltas, pincha nestas ligazóns:

https://www.instagram.com/p/CzCWackNqOl/?igsh=MXdvdWYycmlpMnl5bA==

https://www.instagram.com/p/CzOvYfMtXTM/?igsh=MXB6eXY5eGR2aWxzaA==

https://www.instagram.com/p/CzPFubrtuEX/?igsh=MTRtbXpqNjVxM2JqMQ==

https://www.instagram.com/p/CzQ6OlyNZNQ/?igsh=NG9waDVsYWVjYzhp

https://www.instagram.com/p/CzTJafDNipf/?igsh=MXZicTFldXYzMjM1aw==

OS CALACÚS

Un ano máis, polo Samaín as familias das nosas aulas e a cativada, traballaron arreo para decorar as súas cabazas e con elas preparar esteticamente as nosas escolas, espantando os espíritos e decorando as aulas para as festas do Samaín.

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA DO CRA

O 6 de outubro tivemos unha día moi especial, posto que voltamos á biblioteca do noso centro para gozar dunha gran xuntanza.

O espazo xa estaba sendo utilizado polo alumnado, pero faltábanos poder celebrar unha inauguración oficial, na que festexalo coas familias, con antigas compañeiras e compañeiros que deixaron a súa pegada na biblioteca e con diversas autoridades, como a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, o representante da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, a alcaldesa de Ponteareas e o concelleiro de educación.

Durante a xornada desfrutamos de diversas propostas para as nenas e nenos, dunha marabillosa contada por parte de Anxo Moure e dun concerto fabuloso da man de Brais das Hortas. 

Podedes acceder ás publicacións do noso Instagram, nas seguintes ligazóns:

https://www.instagram.com/p/CyEsBOmN08D/?igsh=MTdjZDBzbjRwZ2o2MQ==

https://www.instagram.com/p/CyEsrL_tzHj/?igsh=bHloMnl5emtxdGxi

Distribuir contido

Back to top