Curso 2022-2023

LETRAS GALEGAS

Este ano 2023 o Día das letras Galegas rendeu homenaxe a Francisco Fernández del Riego.

Dende o centro celebrámolo cunha alborada na Casa Cultural de Arcos, un espazo novo para nós no que gozamos dunha contada, cociñamos bicas de millo, realizamos xogos populares, bailamos e elaboramos unha pequena alfombra de flores. 

Tamén fixemos unha ruta ata a Pedra do Equilibrio da Picaraña, lugar emblemático que dá nome ao noso CRA e desfrutamos de tempo xunto ás familias do noso alumnado.

 

Se queredes ver algunhas fotos máis, podedes acceder ao noso Instagram a través das seguintes ligazóns: 

 

CORRELINGUA

Un ano máis, e despois do parón por mor da Covid-19, volvemos participar no Correlingua, neste 2023 baixo o lema ¨Na casa, na escola, bota a lingua fóra¨.

Trátase dunha actividade que transita dunha localidade a outra cun denominador común: a normalización lingüística da mocidade e a infancia.

Partindo de A Feira Vella, realizamos unha pequena andaina por Ponteareas, en prol da nosa lingua, como reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegas e galegos a través do uso do noso idioma.

Unha vez volvimos ao parque, rematamos a xornada gozando dun animado concerto da man da Mekánika Rolling Band. 

8 de marzo, Día da Muller

Ilustrando o 8M

Dende o EDLG lanzamos a proposta de coñecer a diversas mulleres ilustradoras galegas actuais e afondar nos seus traballos en torno ao 8M. 

Primeiro analizamos as súas ilustracións, comparamos técnicas e falamos das mensaxes que querían transmitir con elas. 

A continuación, partindo delas, buscamos outras creacións destas artistas contemporáneas e con toda esta información pasamos a crear as nosas propias ilustracións para conmemorar o Día da Muller, ben individualmente ou de forma conxunta.

Rosalía de Castro

Coa chegada do día de Rosalía de Castro, quixemos coñecer un pouco máis as súas verbas, ilustrar os seus versos e afondar no que nos facían sentir e pensar. Deste xeito traballamos tamén a literalidade das palabras que escoitamos.

Como resultado xurdiron estes dous vídeos tan fermosos.

Podedes ver a publicación do Instagram no seguinte enlace:

https://www.instagram.com/p/CpisEiZtFZb/?igshid=YmMyMTA2M2Y=

 

Día de Rosalía de Castro

Entroido 2023

O APALPADOR

Polo Nadal, dende o EDLG, animamos a impulsar a figura do Apalpador nas nosas aulas.

Por tanto lanzamos dúas propostas a levar a cabo co alumnado, en torno a este personaxe tradicional da nosa terra.
Unha delas consistía en vestir ao Apalpador con retais de tea, simulando a vestimenta que tanto o caracteriza.
A outra proposta era a creación dun espazo para que as nenas e nenos elaborasen os seus propios xoguetes con paus, madeira e cartóns, baseándonos na mensaxe de respecto pola natureza que el representa.
 
 
 
 
 
 
 Se queres ver algunha fotografía máis destas actividades, podes acceder ao noso Instagram do centro, nos seguintes enlaces: 
 

Magosto

Dende o EDLG, xunto co Equipo de Biblioteca e o Equipo de Infantil, organizamos unhas xornadas de outono na nosa biblioteca de centro, en Ganade, conmemorando a festa tradicional do Magosto, tan representativa en Galicia.

Puxemos en marcha diversos obradoiros, como o de contacontos, xogos populares, creación artística e colaborativa con elementos naturais, disfraces e construcións con teas, bechos, maleta creativa e degustación e pintura con castañas.

Podedes ver fotografías da convivencia e das diferentes actividades no noso Instagram, nos seguintes enlaces: 

https://www.instagram.com/p/Ck6vyvvNuK_/?igshid=YmMyMTA2M2Y=

 

https://www.instagram.com/p/Ck6xMXdtSg1/?igshid=YmMyMTA2M2Y=

  

https://www.instagram.com/p/Ck6yVfwt0_T/?igshid=YmMyMTA2M2Y=

Calacús

OS CALACÚS

Como xa explicamos anteriormente, e a raíz do Samaín, dende o EDLG propuxémoslle ás familias continuar coa

tradición dos calacús. Aquí podedes ver algúns deles.

 

Tamén podedes visualizalos no Instagram do centro, nos seguintes enlaces:

https://www.instagram.com/p/Ckp13y-tpKZ/?igshid=YmMyMTA2M2Y=

https://www.instagram.com/p/Ckp2uEAtKlZ/?igshid=YmMyMTA2M2Y=

 

Magostín

OS CALACÚS

O Samaín é unha festa que provén dos nosos antepasados castrexos-celtas, pobos afoutos que viviron en Galicia.

Celebraban unha gran festa para conmemorar o final da colleita, gardar provisións para o inverno e dar a benvida ao

Novo Ano Celta. Tiñan a crenza de que esa noite, as ánimas dos mortos volvían a visitar ás súas familias. Por iso

acostumaban a facer farois con nabos e carbón quente para guiar os espíritos bos de volta aos castros e espantar os

malos (as cabazas foron posteriores, pois importáronse de América).

Co auxe da relixión cristiá, esta antiga festa celta comezou a chamarse Día de Todos os Santos, en inglés All Hollow’s

Eve, pois en Irlanda, Inglaterra ou Escocia, onde habitaron tamén pobos celtas, mantívose a festa do Samaín, e

trasladouse a América coas emigracións, derivando no mundialmente coñecido Halloween.

O feito é que, da antiga festa celta, ao longo dos anos en Galicia mantívose a tradición de celebrar a festa da fin da

colleita mediante os magostos. E en moitos puntos de Galicia tamén se mantivo a tradición de alumear a noite con

farois feitos con nabos ou cabazas para guiar os espíritos. En Xermade, fan farois con remolachas e chámanlle

BONECAS. Nas Rías Baixas, adornan cabazas coas espigas do millo, coma se tivesen cabelo, mais non lle poñen luz

, e chámanlle CALACÚS. En Cedeira chámanlles CALIVERAS de melón. En Ortigueira CALABAZOTES, en Ourense

COLONDROS,…

Dende o EDLG da Picaraña, propoñémosvos a todas as familias que, recuperemos xuntas as

nosas tradicións e para iso realicedes o voso CALACÚ (poden estar baleiros ou non, ao xeito

tradicional), decorados con elementos naturais, como espigas, castañas, landras, noces,

follas,… ou como vos apeteza! 

O día que vos toque visitar Ganade para a celebración do Magostín, traédeo á biblioteca para

que toda a comunidade educativa poda desfrutar da vosa creación.

Distribuir contido

Back to top