A #bibliopicaraña
O proceso do cambio da biblioteca foi longo pero, os resultados, falan por si mesmos. Este ano experimentamos que pequenas/os e adultas/os vivenciaramos este espazo e que as propias experiencias nela nos marcaran os cambios que facer, os recursos a utilizar, modificar… e por suposto, seguirá cambiando, seguirá medrando.
Ter entrado no #plambe e co apoio das @bescolaresgal fixo posible a creación do novo espazo, ademais das obras que executou o concello de Ponteareas na escola, xa pechada, de Ganade.
O CRA A Picaraña intégrase no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2019/20, recollido na ORDE do 10 de setembro de 2019 pola que se resolve a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade desta consellería, para o curso 2019/20.
Isto supón un gran paso para o noso centro, xa que nos permite ter unha biblioteca moito máis completa e atractiva para o noso alumnado.
Para iso, todo o noso traballo relacionado coa biblioteca vai quedar recollido nun blog. Para poder acceder só teremos que facer clic na seguinte imaxe:
Presentámosvos a nosa recopilación de lendas do noso municipio, na que @s nen@s de cada unitaria recopilaron unha lenda da súa contorna.
Que mestura fermosa verdade? Pois eso fixemos nós... POESÍA no BOSQUE.
Representamos poemas e invitamos a que as persoas que pasaran polo paseo
da MOSCADEIRA en PONTEAREAS colleran o seu poema, para gozar da súa
lectura, no bosque ou en calquera outro lugar.
En marcha a nosa caixa “Rosaliana” que visitará todas as aulas, permitiranos, dunha maneira visual e participativa, COÑECER e SENTIR a esencia de ROSALÍA.
Escoitar, ver e sentir... LER. Intriga, curiosidade e hipóteses para saber que tiña a maleta que tanto pesaba...
Nada máis que libros e máis libros... nada menos que libros e máis libros de poesía, máis e máis libros de cómic.
Celebrando o AMOR dende a BIBLIOTECA.
REPÁRANSE CORAZÓNS❤️ Taller de corazóns. @oqoeditora
Hoxe fixemos un taller de corazóns recreando e interiorizando o que nos presenta o conto, unha artesanía marabillosa na que non se arranxan zapatos, nin paraugas, ni se restauran mobles ou se zurcen descosidos pantalóns.
REPÁRANSE CORAZÓNS DANADOS. Nós intentamos arranxar uns cantos, para que cada pedaciño roto poida ser coidadosamente pegado.