No vídeo queda un pequeno resumo das actividades que fixemos: observamos, comprobamos, analizamos os resultados e establecemos unha hipótese do que lle pasaría despois de tinguir e conxelar os tesouros que atopamos na carballeira. Falamos dos estados da auga e das temperaturas do inverno, xa que é o centro de interese que estamos traballando. E falando de temperatura, descubrimos a Galileo Galilei que foi un gran descubridor, no so do telescopio, senon que antes descubriu o termoscopio. Experimentamos e cada un de nós construiu o seu propio termoscopio, que ainda que non mide a temperatura puidemos comprobar como cos cambios o líquido da botella sube ou baixa pola palliña. Un gran descubrimento!
Diseño de Vanesa Carballo Leal