Nesta semana estivemos traballando a figura de Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado polas Letras Galegas deste ano 2020.Fixemos unha interpretación do seu conto "As pitas baixo a choiva" elaborando co noso alumnado unhas pitas con material de refugallo (botella de plástico) que nos sinalan as normas a seguir para evitar a Covid-19, baixo o lema "As pitas poñen sentidiño" Con esta actividade pretendemos que o alumnado coñeza a obra do autor e tamén o coidado da natureza a través da reciclaxe e ademais reforzamos os hábitos axeitados nesta época de pandemia.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |
2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE AUTISMO | hai 10 anos 33 semanas |
DÍA DA PAZ 2015 | hai 9 anos 32 semanas |
24 de FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA | hai 9 anos 32 semanas |
24 de FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA | hai 9 anos 32 semanas |
ENTROIDO 2015 | hai 9 anos 32 semanas |