Durante esta semana fixemos diferentes actividades
Como este ano estamos traballando nun proxecto sobre "Os montes", na escola de Francelos, o alumnado de infantil elixiu un animal do monte, neste caso o coello e representáronno empregando recortes do xornal.
E o alumnado de primaria aprendeu as distintas partes que ten unha noticia: titular, subtítulo, corpo da noticia, fotografía, pé de foto, etc. Buscaron noticias, recortaron, pegaron e escribiron cada parte.
Na escola de San Cristovo fixeron as súas propias noticias
Na escola de San Paio, durante esta semana leron o xornal, crearon un recuncho para o xornal e elaboraron a partir de material de refugallo uns micrófonos de xornalistas.