EMERXENCIAS SAN PAIO. CARLOS BOLECHA NA ESCOLA.

CARLOS BOLECHA VEN VISITARNOS PARA ENSINARNOS COMO FUNCIONA O CENTRO DE EMERXENCIAS DO 112 E O QUE TEMOS QUE FACER EN CASO DE QUE SURXA ALGÚN ACCIDENTE, TANTO NA ESCOLA COMA NA CASA.

MOCHILAS VIAXEIRAS

No seguinte PDF tendes todos os debuxos e comentarios que fixestes as familias  nos cadernos das mochilas viaxeiras deste curso.

Pincha na imaxe

 

CASA DAS ÁRBORES

O martes 28 de maio fomos de excursión a CASA DAS ÁRBORES, na aldea de Garabelos, en Mariz (Chantada), onde nos esperaba ANXO MOURE.

@s nen@s puideron escoitar contos dentro dunha casa enriba dun castiñeiro e un carballo e ollar niños de paxaros escoitando os seus cantos.

Anxo Moure contounos que Contos na Casa das Árbores naceu do desexo de toda nena ou neno de ter unha casa nunha árbore. Construíu enriba dun vello castiñeiro e un carballo unha casiña de madeira, ademáis dunha biblioteca con libros e contos sobre as árbores, con incríbles personaxes que contan as súas historias vinculadas ao mundo da natureza. Tamén coñecemos 30 especies diferentes de árbores autóctonas plantadas ao carón da casa árbore, cada unha delas coa súa historia.

Fixemos diferentes actividades: merendar no prado, teatro na mochila, cine palleiriso, o bosque das lobiñas, concerto, columpios, contos na árbore, poesía no hórreo,...