AVISOS
ATENCIÓN AO PÚBLICO SÓ CON CITA PREVIA NO TELÉFONO 881 960028
SOLIDARIEDADE
O xoves 7 o estudantado do CPI de Zas espertouse cunha misión: axudar ás persoas que sufriron as consecuencias da DINA.
Cada neno/a trouxo ao colexio unha cousiña (máscaras, bolsas de lixo, latas de conserva…) e, en parellas e tríos de diferentes idades, comezaron a camiñar ata o Centro Sociocultural de Zas, o punto de recollida. Alí estaban agardándolles o alcalde e Fidel, para explicarlles como van organizar e enviar os produtos ata as zonas afectadas.
Moitas grazas a todas as familias e profesorado por participar nesta acción solidaria!!
Xuntos/as somos máis fortes!!
Visita da Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa ao noso centro
Onte recibimos a visita da Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa ao noso centro. Poden consultar toda a información nesta ligazón:
TITORÍAS CURSO 2024/2025
No ficheiro anexo poden consultar as titorías dos grupos para este curso escolar.l
- TITORÍAS CURSO 24_25.pdf
- 37.04 KB