Main course page
  • General

    CASTRO CALDELAS 2.0


    A través das unidades deste curso afondaremos no coñecemento da riqueza que encerran as terras da comarca de Caldelas.

  • A PEGADA DOS ROMANOS

    Via XVIII

    • Os Romanos chegan a Galicia no S. II a.c., aínda que non ratifican o seu dominio ata ben entrado o S. I d.c.
    Mapa Galicia Romana

    • A romanización entra con forza na nosa comarca coa construcción na dinastía dos Flavios da vía XVIII. Esta obra está recollida no itinerario de Antonino (actual Google Maps) e ao longo de  210 millas, unía as cidades da antiga Bracara Augusta (capital do convento Bracarense) e Asturica Augusta (capital do convento Asturicense).
    Via nova

    • Os escasos habitantes do noso territorio adquiren costumes e tradicións dos conquistadores por medio dunha arteria comercial como é a Via XVIII. Na actualidade, aínda podemos atopar os restos desa actividade en lugares como a Baixa Limia (campamento de aquis querquennis ou miliarios).
    Miliario da Via XVIII ou Via Nova

    • Na nosa comarca de Caldelas, testemuñas desa pegada romana están visibles aínda na ponte de Vilariño frío ou nos miliarios de San Xoán de Río. Esta ponte que permite atravesar o cauce do río Tabenxa, mide uns 22 metros e consta de tres ollos. A factura orixinal é de época romana aínda que non podemos obviar as remodelacións que se fixeron posteriormente, en concreto, no século XVIII.

    Ponte vilariño frio

    • Finalmente, as vías romanas tiñan lugares de descanso e zonas de cobro de impostos. A arqueoloxía demostrou que unha delas estaba no lugar de O Burgo (Praesidio), ao sur da vila de Castro Caldelas. Fonda necesaria para eses viaxeiros, cun percorrido tan duro como era o interior da nosa provincia actual.
    Mansio romana

SENDEIRISMO E MONTAÑAFESTAS