General
CASTRO CALDELAS 2.0
A través das unidades deste curso afondaremos no coñecemento da riqueza que encerran as terras da comarca de Caldelas.
- Todas as novas que teña o curso se irán expondo neste taboeiro. Cómpre que lle botes unha ollada con certa frecuencia para estar ao día da materia.
Todo aquelo que non entendas da materia ou as dúbidas que che xurdan no traballo da mesma podes prantexalas aquí. Un profesor/a respostarache o máis axiña posible.
SENDEIRISMO E MONTAÑA
SENDEIRISMO
Que é?
O sendeirismo é unha actividade física que consiste en percorrer un sendeiro, principalmente no medio natural. Supón camiñar por sendas que están balizadas (marcadas cunhas sinais predeterminadas).
Non é unha carreira, tes que levar un ritmo cómodo e constante.
Esta actividade mellora a condición física, concretamente a resistencia aeróbica, posto que é unha actividade física de baixa-media intensidade e de longa duración, na que participa todo o corpo. Os beneficios que aporta son moitos: mellora o sistema cardiovascular, relaxa o sistema nervioso, aumenta o tono muscular, queima calorías...
Pódese combinar con outras actividades coma: fotografía, recollida de cogumelos, coñecer novas zonas, debuxo, avistamento de paxaros, estudo da fauna, da flora...
O sendeirismo é CAMIÑAR, COÑECER, RESPETAR, SENTIR, APRENDER, DISFRUTAR...
Tipos de sendeiros. Non todos son iguais.....
Podemos atopar os seguintes sendeiros:
GR: sendeiro de GRAN PERCORRIDO, cunha lonxitude de mais de 50 kms. As cores que identifican este tipo de sendeiros son o branco e o vermello.
PR: sendeiro de PEQUENO PERCORRIDO, cunha lonxitude entre 10 e 50 kms. As cores que identifican este tipo de sendeiros son o branco e o amarelo.
SL: SENDEIRO LOCAL, con menos de 10 kms de lonxitude (en Galicia non está homologado). As cores que identifican este tipo de sendeiros son o branco e o verde.
Os sinais
Os sinais determinan por onde debemos continuar o percorrido, e poden aparecer en árbores, pedras, no chan ou en elementos artificiais como postes, estacas ou frechas de dirección. Cada un ten un significado distinto, estos son os principais que nos podemos atopar:
Camiño correcto: Determina que a ruta continua por onde está esta marca.
Camiño incorrecto: Onde está esta marca non é o camiño para seguir a nosa ruta.
Cambio de dirección: anuncia un cambio de dirección que pode ser lixeiro, ou brusco.
MATERIAIS. QUÉ NECESITO PARA CAMIÑAR SEGURO?
O calzado é un dos elementos primordiais para a práctica do sendeirismo. As características fundamentais que debe posuír o teu calzado son:
- Deberá ser cómodo e axeitado ó terreo, e ó tempo atmosférico. É dicir, se o terreo é escarpado, ou está encharcado, ou con area, recoméndase botas de montaña altas, para suxeitar o nocello, e evitar mollarnos ou que penetre area. En cambio, se o terreo non ten irregularidades, e hai bo tempo, podemos utilizar calzado de montaña baixo.
- O ideal sería que fose impermeable (que non filtre auga ó interior da bota, da chuvia ou charcos), e transpirable (que evapore a nosa suor).
- Debe ter unha suela con resaltes, para agarrar ben o terreo.
- Outro aspecto importante son os calcetíns, que serán máis altos que o calzado. Evita calcetíns con costuras, e estiraos ben para evitar a aparición de bochas polas enrugas.
ROUPA
O mesmo que o calzado, deberá ser roupa cómoda e axeitada ó tempo. É preferible que leves postas varias capas que unha grosa. Deste xeito, poderas axustarte facilmente á calor que teñas durante a ruta, poñendo ou sacando prendas. É dicir, vestiraste como se foses unha cebola, con tantas capas como necesites.
- No tren superior, como primeira capa propoñémosche unha prenda cómoda e transpirable. Por exemplo, as camisetas para xogar ó futbol serían unha boa opción. CONSELLO: Non é recomendable as camisetas de algodón, a pesar de que son moi cómodas, se se mollan (pola suor ou choiva) quedan húmedas, enfriándoche o corpo.
- A característica principal das capas intermedias (tantas como che fagan falta) é que sexan térmicas, é dicir, que manteñan a calor que produce o noso corpo. Un bo exemplo, sería un polar. CONSELLO: Son recomendables as chaquetas, que poderás abrir ou cerrar, en función da calor que teñas.
- A última capa debe de illarnos dos elementos atmosféricos, como o vento e a chuvia. Debería de ser impermeable e ó mesmo tempo transpirable. OLLO: Os impermeables nos illan da chuvia, pero non son transpirables, polo que a suor non se evaporará, humedecendo a tua roupa, e enfriándoche o corpo.
Nas extremidades inferiores, seguiremos tamén a teoría das capas de cebolas. Así se temos frio, poñeremos un pantalón mais fino (tipo malla) por debaixo do habitual, se vai chuvia, poderemos poñer outro por encima, impermeable (e sería ideal tamén traspirable). Se a ruta atravesa zonas de vexetación espesa, utiliza pantalón largo.
Mochila
É unha peza fundamental nas actividades no medio natural. Podemos atopar diferentes mochilas en función da súa capacidade (que se mide en litros):
- Mochila de ataque: utilízanse en excursións dun so día (menos de 40 litros), onde levarás a comida, a bebida, roupa, mapa, cámara de fotos, botiquín...
- Mochilas de varios días: utilízanse para excursións de varios días (mais de 40 litros), onde levarás o que se leva na mochila de ataque, roupa para o resto dos días, o saco de durmir, a esterilla...
E Por suposto todo o que levamos dentro da mochila que é igual de importante: COMIDA, BEBIDA, GORRA OU SOMBREIRO, LUVAS....
TAMÉN PODEMOS NECESITAR BASTÓNS NAS SUBIDAS MOI PROLONGADAS E NAS BAIXADAS. OS BASTÓNS AXUDAN A CAMIÑAR EN TERREOS MOI IRREGULARES E A MANTER O EQUILIBRIO.
AGORA QUE XA TEMOS TODO LISTO E SABEMOS SEGUIR SENDEIROS... A ONDE VAMOS?
PGR 98: SANTA CRISTINA DE RIBAS DE SIL
Esta ruta que comeza no núcleo urbano de Parada de Sil é unha das mais representativas da paisaxe da Ribeira Sacra ourensana, discorre por camiños de carro e sendas, viñedos, miradores tendo coma compañeiro de viaxe o río Sil.
A ruta marca aproximadamente 18km que con tres derivacións para observar a paisaxe natural e cultural poden chegar ós 20/22 km., cun perfil bastante esixente como se pode ver na seguinte imaxe. Para os sendeiristas noveles cabe a posibilidade de facela en dúas tandas acortando pola aldea de Fondodevila. A ruta está homologada pola FEDME (Federación española de montaña e escalada) catalogada de media dificultade xa que non precisa coñecementos especiais, nin técnicas de trekking ou escalada, rapel.. pero si que require un gran esforzo físico.COÑECEMOS, DESCUBRIMOS E APRENDEMOS... PATRIMONIO...
Que é?
Son os bens tanxibles (que se poden tocar, percibir con precisión; por exemplo, un horreo) e intanxibles (por exemplo, a lenda da Santa Compaña), herdados dos nosos devanceiros, e o ambiente onde viven. Son os monumentos, fauna, flora, cantigas, construccións, paisaxes, lendas, obras de arte...
Pode ser natural ou cultural.
QUE VISITAMOS NO NOSO PERCORRIDO POLA RUTA 98?
Castiñeiro milenario na aldea abandonada de Entreambosrios
Miradoiros de Os Torgás. Os balcóns de Madrid.Miradoiro das Fontiñas.
Miradoiro da Cividade.
Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil.
E moitas outras sorpresas.....