slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5 slideshow 6 slideshow 7 slideshow 8

A MULLER RURAL XA ESTÁ NO MUSEO DE SAN PAIO DE NARLA

 

Como anunciáramos, os traballos e materiais das familias en relación A muller rural xa están no Museo San Paio de Narla!

O Vídeo e exposición listos para gozar en familia!

Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración! E un agradecemento especial a sanpaionarla@museolugo.org por abrirnos as portas da súa fortaleza!Entrada gratuita. #cpicospeito #biblioceipvirxedocorpiño #bescolaresgal #museosanpaiodenarla

https://www.instagram.com/p/CtPc9poLgdV/?igshid=NjZiM2M3MzIxNA==

 

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. 2023-2024

Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

 A quen vai dirixido?

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

  •        Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).
  •           Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
  •  Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

 

Prazo

 

Prazo de presentación: ABERTO

22/05/2023 - 21/06/2023

 

Documentación para a presentación:

 *     Presentar unha única solicitude (aínda que sexan 2 ou máis irmáns solicitantes escolarizados no mesmo centro). ANEXO I

*      ANEXO II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).Asinado por todos os membros da unidade familiar.

* No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros, será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno, ainda que estean no mesmo centro.

*     Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno ou alumna e os demais membros computables da unidade familiar

*      No caso de que o pai/nai ou titores ou titores legais carezan de DNI: certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais onde resida a familia.

*    En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 

ACHEGAMOS O ANEXO I E II PARA DESCARGAR (ao final da páxina) 2 ADXUNTOS

 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado ED330B (anexo I e anexo II) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

 

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O PRAZO REMATA O 21 DE XUÑO.

Horario do centro para as solicitudes: 09:30 a 14:30h.

ADMISIÓN DEFINITIVA DO ALUMNADO CURSO 2024/25

TODAS AS SOLICITUDES DE ADMISIÓN PRESENTADAS PARA O VINDEIRO  CURSO FORON ADMITIDAS

BECAS MEC

Convocadas Becas MEC para o alumnado de necesidades específicas de apoio educativo.

O prazo para facer a solicitude é dende o día 8 de maio ata o 20 de setembro.

ENVIO DA BECA: No noso centro educativo a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

SOLICITUDES ADMISIÓN CURSO 2023/24

TODAS AS SOLICITUDES DE ADMISIÓN PRESENTADAS PARA O VINDEIRO  CURSO RESULTARON ADMITIDAS.

 

 

Becas MEC de carácter xeral para o vindeiro curso 2023/24

Convocatoria das becas  MEC de carácter xeral para o vindeiro curso 2023/24  que van dirixidas ao alumnado de ensinanzas postobrigatorias: BAC, FP grao medio e superior, curso de acceso e preparación para probas de acceso á FP, Ensinanzas artísticas profesionais e superiores, Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, Ensinanzas deportivas, estudos relixiosos superiores, Universidades e ademais FP de grao básico.

https://www.becaseducacion.gob.es/normativa/c/normativa.html

 

 

SOLICITUDES ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023/24

POSTOS ESCOLARES VACANTES PARA EDUCACIÓN INFANTIL, EDUCACIÓN PRIMARIA E ESO PARA O CURSO 2023/24.

4º Educación Infantil: 25

5º Educación Infantil: 2

6º Educación Infantil: 5

1º Educación Primaria: 10

2º Educación Primaria: 11

3º Educación Primaria: 8

4º Educación Primaria: 6

5º Educación Primaria: 10

6º Educación Primaria: 10

1º ESO: 8

2º ESO: 13

3º ESO: 8

4º ESO: 15

 

Prazo de presentación de solicitudes de admisión do 1 ao 20 de marzo do 2.023.

Data publicación da listaxe provisional de alumnado admitido publicarase no taboleiro do centro unha vez rematado o plazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

Solicitude admisión de alumnado. Para descargalo premer nos documentos adxuntos (Modelo Admisión)

Decreto 13/2022 sobre admisión de alumnado.

Orde do 21/10/22 sobre admisión de alumnado.

 

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA:

Educación Infantil e Primaria: 20-30 de xuño.

ESO: 23 xuño ao 7 xullo.

 

DÍA DA MULLER

Co obxectivo de reevindicar o traballo da muller rural, neste #8M Día Mundial da Muller, lanzamos unha nova proposta xunto  ao CEIP Virxe do Corpiño de Begonte.

Trátase de compartir algunhas das seguintes opción, e pódese participar nunha soa ou en varias:

Vídeo en horizontal (da mellor calidade posible) de non máis de 2 minutos sobre a súa historia; aquel anaco que queira contar o transmitir. 

Aquelas ferramentas que desexe compartir como testemuña do seu labor. 

Un mandilón como símbolo do traballo da muller rural. 

Unha historia escrita cunha foto para expoñer. 

O prazo remata o 24 de marzo

Animádevos! ♀️

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer