Skip to Content

contador gratis para blog

Estrea do videoconto "Todos os nenos do mundo seremos amigos"

O Cole de Cea estrea o videoconto "Todos os nenos do mundo seremos amigos"

O Cole de Cea ven de estrear recentemente unha versión en vídeo do conto "Todos os nenos do mundo seremos amigos" interpretado por alumnado de 1º e 2º de Primaria sobre unha versión do texto de Eulalia Valeri, debuxado por Asun Balzola, traducido por Xohana Torres e editado por La Galera no 1967 e publicado orixinalmente en catalán baixo o título "Tots els nens del món serem amics".

O traballo enmárcase nunha serie de accións que perseguen o obxectivo de adquirir competencias clave en comunicación lingüística nas que se poñen en xogo entonación, fluidez na expresión e boa articulación como elementos fundamentais dunha correcta expresión oral.

O equipo educativo que levou adiante esta iniciativa, formado por profesorado e alumnado dos dous primeiros cursos de Primaria, traballou primeiramente na recuperación e restauración dos debuxos orixinais deste libro de hai case 50 anos para posteriormente realizar unha adaptación do texto e a gravación e edición do audio. O modelo narrativo aposta por un traballo colectivo no que prima a participación de todo o alumnado por riba das constriccións propias dunha distribución asignada exclusivamente aos personaxes. 

Este traballo compleméntase coa estrea dunha versión dramatizada no marco do festival celebrado no mesmo Cole de Cea no mes de decembro e na que participou todo o alumnado presente tamén na versión videoconto.

Con este proxecto o Cole de Cea quere recuperar do esquecemento esta obra literaria infantil así como render homenaxe á escritora, tradutora e ilustradora basca Asun Balzola que recemente ven de protagonizar unha exposición en Donosti. 

 



blog | by Dr. Radut