Skip to Content

contador gratis para blog

CONTO CONTIGO

Remata o segundo curso escolar deste proxecto levado a cabo no noso centro. CONTO CONTIGO segue unha liña pedagóxica que pon ao alumnado no centro do proceso de aprendizaxe. Traballamos por Competencias Básicas o que significa que non abonda con saber se non que o importante é saber facer. O proxecto incide maiormente na Competencia Lingüística tanto dende o punto de vista de falar como de escoitar. A través da representación de contos, clásicos e modernos, o alumnado enfróntase ao reto de articular, expresar e entonar axeitadamente un texto para facelo non só comprensivo se non tamén atractivo para os seus compañeiros. Ao mesmo tempo deben de ser quen de traballar con autonomía e seguridade na posta en escea, aportando tamén os seus valores creativos en todo o proceso previo, tanto na escenografía coma na caracterización e dramatización do texto. O uso de medios tecnolóxicos que lles permitan reforzar esta representación dos textos infantís obrígalles tamén a ser competentes dixitalmente. Pero non só adquire competencias o alumnado que, por quendas mensuais, representa para os seus compañeiros do centro. Tamén aqueles que asisten como espectadores aprenden a valorar o esforzo colectivo dos demais e o gusto polo traballo ben feito. Ao tempo manteñen unha actitude atenta e respectuosa durante as representacións así como traballan a comprensión lingüística de forma oral. Velaquí un exemplo do bon facer acumulado nestes dous anos: o alumnado de Infantil representa o conto clásico A Ratiña Presumida na derradeira quenda de representacións deste curso 2013/2014.



blog | by Dr. Radut