Skip to Content

contador gratis para blog

Exposición de libros antigos

Desde finais do mes de abril, na Biblioteca do noso centro, está instalada unha interesante exposición de libros didácticos antigos, organizada polo Equipo de Dinamización da Biblioteca. Procedentes dos fondos das antigas unitarias e do propio colexio de Cea, estes exemplares amosan a evolución da pedagoxía e das ideas políticas, dos costumes e usos sociais, o cambio do propio libro en canto a tamaño, ilustracións, tipos de letra, cores... co paso do tempo.

Pódense admirar exemplares do ano 1789 ("El viagero universal") ou libros editados durante a II República, así como algúns pertencentes a diferentes etapas do franquismo. Tamén se poden apreciar os cambios nas escolas durante ese tempo a través das fotografías expostas. En definitiva, unha ocasión para coñecer o noso pasado, para saber que cousas estudaban os nosos avós, para darse conta que co paso do tempo a sociedade evoluciona e cambia...



story | by Dr. Radut