INFORMACIÓN RELEVANTE PARA A AVALIACIÓN DO ALUMNADO NA MATERIA DE INGLÉS:
CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN
A avaliación nesta materia é continuada e progresiva.
. PROBAS (CA1.1 + CA 1.2 + CA 1.3 + CA 1.5 + CA 1.6 )
Farase unha proba inicial de caracter informativo para coñecer o punto de partida do alumnado. Non se valorará á hora da avaliación do alumnado.
Alomenos unha proba por trimestre na que se agruparán as unidades correspondentes, e que incluirá contidos representativos das catro destrezas Reading, Listening, Speaking e Writing), e de gramática e vocabulario (Use of English). Esta proba terá lugar nunha ou varias sesións.
A puntuación de cada un dos exercicios aparecerá especificado nas mesmas.
Cada destreza puntuará un 20% do total.
O valor total desta parte será dun 70% sobre a nota final.
PRODUCCIÓNS (CA1.1 + CA 1.2 + CA 1.3 + CA 1.5 + CA 1.6 )
Unha tarefa sobre o material ou libro de lectura da avaliación pertinente.
Diversas tarefas realizadas durante as horas de clase e entregadas ben nesa mesma hora, ben nun prazo establecido polo profesor de maior extensión.
Tarefas de apoio e reforzo á adquisición de contidos realizadas fóra das horas de clase cun límite de entrega delimitado.
O valor de este apartado será do 20% sobre a nota final.
OBSERVACIÓNS (CA1.7 + CA1.8 + CA1.9 + CA1.10 + CA2.1 + CA2.2 + CA2.3 )
Finalmente, un 10% reservarase tanto a valorar o caderno de traballo ao final de cada avaliación, como proba do traballo constante e a aprendizaxe responsable do alumnado, como a valorar a actitude cara a asignatura, responsabilidad co material, voluntariedade para aprender, puntualidade e calidade nas entregas das produccións, participación…
PROCEDEMENTO PARA OBTER A NOTA MEDIA FINAL
A avaliación será CONTINUA E PROGRESIVA e teranse en conyta todos os materiais avaliados durante as tres avaliacións. NON HABERÁ UN EXAME FINAL.
Para obter a nota media final farase un MEDIA PONDERADA da nota acadada en cada una das avaliacións, coa seguinte porcentaxe:
1ª avaliación: 20 % da nota final
2ª avaliación: 30 % da nota final
3ª avaliación: 50 % da nota final
O alumnado considerarase apto cando acade 5 puntos dunha totalidade de 10. A cualificación final obterase calculando a media ponderada dos tres trimestres. A avaliación será positiva cunha cualificación igual ou superior a 5. Todas as cualificacións redondearanse a partires de 0,75. Dado o carácter continuado e progresivo da materia, unha cualificación negativa no primeiro trimestre poderá ser recuperada cunha nota igual ou superior a 5 nos seguintes trimestres, sen necesidade de repetir probas.
Os procedementos serán a observación sistemática e directa na aula, a realización de probas, tanto obxectivas como de composición, e a análise das producións dos alumnos.
Os instrumentos utilizados serán as rúbricas, as escalas de estimación, as probas escritas e orais, os cuestionarios e tests en diversas plataformas virtuais, os exercicios escritos (resumes, de vocabulario, gramaticais…) e orais (postas en común, entrevistas, diálogos, presentacións…) realizados en horas de clase e fóra delas, así como os rexistros anecdóticos no caderno do profesor (caderno de aula, nos que anotar información significativa para valorar carencias ou actitudes).
|