Skip to Content

Eleccións ao Consello Escolar

 

O 22 de novembro celebraranse as votacións para a renovación parcial do Consello Escolar. Os representantes a renovar nos distintos sectores son os seguintes:

Alumnado: 2

Pais/nais/titores: 1

Profesorado: 5

 

Os censos electorais están publicados nos diferentes taboleiros do centro educativo (o de pais/nais/titores está na entrada de administración), e o prazo para as reclamacións aos mesmos está aberto ata o mércores 6 de novembro.

 

As persoas que desexen presentarse como candidatos a representantes do Consello Escolar polos diferentes sectores deberán presentar a súa candidatura na administración do centro, cubrindo o escrito para tal efecto, ata o 8 de novembro.

 



page | by Dr. Radut