Dende o equipo de Educación Infantil e parte dos especialistas estivemos a facer formación para mellorar o aprendizaxe do alumnado a través dos ambientes de aprendizaxe.
Para iso centrámonos no ambiente artístico e sensorial, aumentando a posibilidade e emprego de recursos de refugallo, tendo en conta o ámbito estético con Patricia Abraín do grupo de escolas flexibles de Createctura. Con ela, centrámonos nas paisaxes lúdicas, a arte progresiva e a composición efímera.
Por outra banda, en relación ao ambiente de lectoescritura, mates e ciencias, mais detidamente neste primeiro, o achegamento a lectura, aproximando ao alumnado as conciencias léxica, silábica e fonémica, axilizando este proceso coa formación da especialista en Audición e Linguaxe e mestra Belinda Haro, do grupo Comunicarnos.