As alumnas de secundaria do CPI Virxe da Cela participarán nunha liga escolar de fútbol sala enmarcada dentro da campaña de actividade lúdico deportiva XOGADE (xogos galegos deportivos en idade escolar), que lle brindará a oportunidade de practicar coñecer e competir con rapazas doutros centros.
A primeira xornada tivo lugar o día 19 de xaneiro no Polideportivo Municipal de Monfero, disputáronse un total de 13 partidos e contou coa participación dos centros de Betanzos, Miño, Pontedeume e Mugardos e Mugardos.
A xornada foi un éxito de participación, pasámolo ben, coñecemos xente nova e melloramos a nosa condición física saudable!
A segunda xornada desenvolveuse durante o mes de marzo nos pavillóns de Monfero e Irixoa. Cada vez participan máis rapazas!!!
O noso equipo cadete conseguiu impoñerse na final as rapazas de Betanzos. NORABOA!
A derradeira xornada disputouse o día 29 de maio nos pavillóns do IES A Mariñas e IES Francisco Aguiar de Betanzos.