Skip to Content

Escalada 2024

Dentro da programación de Educación Física de Primaria e Secundaria, fixemos una actividade conxunta, enmarcada nas unidades didácticas de “Actividades e deportes no medio natural”, con diferentes cursos. Esta actividade está enmarcada dentro da campaña de Escalada na Escola que AMI realizou en colaboración coa Deputación da Coruña.

A actividade foi realizada no rocódromo de Riazor na provincia da Coruña, e foi impartida por persoal especializado de AMI ( asociación de montañeiros independentes). Na mencionada actividade participaron os alumnos de 5º e 6º Educación Primaria e 1º e 2º ESO do noso centro.

A duración da mesma, foi de dúas horas , una delas teórica, sobre contidos dos deportes de risco e actividades na natureza diversos: material, seguridade, especialidades, técnica, etc, e outra práctica , onde os rapaces e rapazas e tamén as profesoras, ascenderon experimentando a escalada en parede vertical. A experiencia foi moi positiva, coa participación total de todo o alumnado, repetindo moitos dos alumnos/as varias veces a actividade e mostrando un bo comportamento na execución da mesma. Descubrimos por outro lado, que temos verdadeiras escaladoras e escaladores, que mostraron gran habilidade técnica na ascensión!. Parabéns a todos/as!

 

Como novidade este ano estreamos as novas instalacións do Rócodromo de Riazor, que foi renovado completamente durante o pasado ano, e puidemos difrutar da modalidade de "escaladar en boulder".

 



story | by Dr. Radut