Este ano contamos no noso centro cun proxecto centrado no Camiño de Santiago que ten por obxectivo fomentar estilos de vida saudables mediante a realización de andainas, carreiras e saídas na bicicleta.
EN QUE CONSISTE?
Realizaremos 3 retos progresivos ao longo do curso baseados na consecución de un determinado número de quilómetros correspondente as diferentes etapas do camiño.
1º RETO: Dende o 27 de setembro o 10 de decembro. Cada un de nós deberemos acadar unha distancia de 50km percorridos.
2º RETO: Dende o 1 de xaneiro ata o 15 de marzo. Cada un de nós deberemos acadar unha distancia de 50km percorridos.
3º RETO: Dende o 20 de marzo ata o 20 de xuño. Cada un de nós deberemos acadar unha distancia de 50km percorridos.
Unha vez acadados os retos individuais podemos seguir facendo quilómetros para intentar ser a persoa máis activado. Ademais, este proxecto ten un importante carácter cooperativo, xa que cada metro que fagamos servirá para acadar diferente retos colectivos que explicaremos a continuación:
RETO “A clase máis activa” Sumaremos a distancia acadada por tódolos alumnos da clase para ver cal é a máis activa, e competiremos contra os profes e as familias.
RETO “Roma” Sumaremos a distancia acadada por toda a comunidade educativa do CPI Virxe da Cela (alumnado, profes e familiares) para intentar chegar a Roma no primeiro trimestre (1450).