Skip to Content

Ambientes Maio

No mes de maio, no ambiente simbólico e constructivo, contamos con diferentes espazos nos que deixamos voar a nosa imaxinación para probar, explorar e experimentar.
 
 Por un lado, tivemos a oportunidade de experimentar con tuberías, manguitos, cables, bridas… de diferentes tamaños, formas e cores, o que nos levou a facer grandes percorridos e construccións con todos eles: descubrimos a viaxe do son dende un extremo ao outro da tubería para comunicarnos, tamén funcionaban como medio de transporte de pequenos obxectos, circuitos que atravesar…todo un abanico de posibilidades que foi posible grazas a súa creatividade! 
 
Para construir tamén dispuxemos de tablas de madeira e varios puntos de apoio cos que levantar torres e cidades. 
 
Na tuff-tray puidemos empregar as pezas soltas para desenvolver o equilibrio e a motricidade fina sobre cintas de distintas cores.
 
En canto ao simbólico, xogamos coas monecas e os seus accesorios, así como no espazo do supermercado e a cociña.
 
 No ambiente artístico e sensorial durante este mes centrámonos no traballo da primavera e da libre creación e expresión artística.
 
 Puidemos crear o noso propio mural vertical e horizontal tanto con témpera como con ceras brandas. Ademáis, coas acuarelas creamos os nosos cuadros debuxando flores e cores primaverais e coas pezas soltas decoramos libremente bolboretas, flores e todo o que se nos ocurriu.
 
 Na mesa sensorial experimentamos con Maizena e auga, parecía unha masa branda pero que cando golpeas vólvese dura e parece sólida!! 
 
Tamén xogamos coas cores primarias e estivemos experimentando coas mesturas, saíron moitas cores preciosas!!
 
 No ambiente de luces e sombras contamos con materiais e propostas xa coñecidas polos nenos/as como o retroproxector, o tipi, a cabana pequeniña, as mesas de luz…aos cales puideron dar diferentes usos empregando materias novidosos.
 
 Na mesa de luz contaron cos dinosaurios e diferentes “fósiles” dos mesmos, nas cabanas atoparon coxíns e lámpadas novas coas que crear historias fantásticas, e no retroproxector dispoñían de novos materiais como cordóns, teas, fios…cos que experimentar de xeito creativo. Sen dúbida non tivemos tempo a aburrirnos!
 
 No ambiente de lecto, mates e ciencia tivemos un montón de propostas.
 
 Na parte de mates había diferentes materiais para facer conteo e agrupacións, ben en bolsas ou en botes, logo para asignar obxectos coa grafía correspondente e finalmente empregamos o tangram para traballar a orientación espacial.
 
 Na parte de lecto tivemos oportunidade de traballar coa ruleta e a pizarra blanca, ao azar saían letras que tíñamos que grafiar ou ben inventar palabras que comezaran por ela. Aquí, cada un de nós facía algo distinto : nomes de nenos e nenas do cole, grafías de letras, debuxos… Tamén puidemos traballar con palabras dadas para buscar imaxes. Nesta última parte había variacións: colocar as palabras que comezaban igual, buscar as imaxes que tiñan obxectos nas que a primeira letra soaba igual...
 
 
 Na mesa de experimentación tiñamos materiais que pesaban máis como as pedriñas e outros que pesaban menos, os corchos. Observamos e experimentamos cales eran os que flotaban en diferentes recipientes : vasiños pequenos, na bandexa grande, dentro do tubo de ensaio… o que levaba a ter que encher e vaciar varios recipientes con axuda das xiringuillas Ademais, tivemos oportunidade de observar coas lupas e os vasos de observación a insectos que trouxemos do patio.
 
 
Ata aquí, xa queda menos para rematar a curso.
 
Estamos na recta final!!


page | by Dr. Radut