Skip to Content

AMBIENTES MARZO ABRIL

 

 

Benvidas de novo, familias!

Ímosvos contar o que fixemos este mes nos ambientes que tanto nos gustan!

 

No ambiente simbólico e constructivo tivemos diferentes propostas de xogo que xa coñecemos no noso rincón simbólico como a casita, animais, coches, cociña… e a maiores démoslle a benvida á primaveira. 

Contamos cun minimundo con insectos e cores primaverais, outro minimundo con dinosaurios de todo tipo e tamén xogamos con diferentes pezas de construción como pedras apilables e rollos de cartón de diferentes tamaños.

 

No ambiente artístico e sensorial contamos con diversas propostas coas que os nenos/as deixaron voar a súa imaxinación. 

         Na mesa sensorial dispuxeron de alimentos moi coñecidos por eles como sopa, lentellas e arroz, os cales puideron explorar en todas as súas dimensións empregando utensilios como coladores, embudos, botes de distintos materiais, culleres…

         Tamén tiveron a oportunidade de realizar obras de arte en “3D” empregando plastilina e paus de distintos tamaños, así como, sal e azucre para colorear con tizas e traballar a mezcla de cores . 

         Dispuxeron tamén dun espazo para pintar sobre distintos materiais, como papel continuo, cartón rugoso… empregando distintas técnicas, utensilios e materiais como témpera líquida e témpera sólida, pincéis, as propias mans… Sen esquecernos, por suposto, dos debuxos que realizaron con tiza e carboncillo cos que puideron traballar as distintas perspectivas dos obxectos entre outros moitos aspectos.

 

Por outra banda, no ambiente de lecto, mates e ciencia dispuxemos varios recunchos con diferentes actividades.

No primeiro deles contamos cun microscopio co que poder observar elementos naturais (cunchas, flores, pedras…), podemos facer mesturas con especias empregando as pipetas, pinzas embudes e, tamén, temos unha balanza. De todo isto, podemos rexistrar o resultado no papel ben empregando a escritura ou mediante o debuxo.

Noutro temos xogos de conciencia fonolóxica e para formar as palabras que máis nos gusten. Na mesa de luz podemos facer construcións con pezas de distintas formas xeométricas; e, no último recuncho, unha actividade de emparellar os insectos iguais, o Tangram e a de realizar series con depresores de distintas cores.

 

Por último, no ambiente de luces e sombras empregamos mesas de luces para dúas bandexas sensoriais, unha de auga e outra de area.

Co retroproxector puidemos experimentar con distintos materiais para siluetear, crear, repasar… había un montón de posibilidades.

Así como, creamos covas con construccións colgantes e cidades de cores.

 

 

 

 

 

 

 

Ata a próxima!!

 



page | by Dr. Radut