Ola familias, por aquí vos traemos as novidades do mes de xareiro, agardamos que vos gusten!
No referente ao ambiente simbólico-construtivo seguimos desenvolvendo a nosa imaxinación de xeito asombroso. Coas novas pezas de construción coas que contamos neste espazo, pudieron realizar multitude de propostas: foguetes, edificios, casas…ata construíron unha gran cidade!
Neste espazo tamén contaron con dous minimundos que nos serviron para aproximarnos á nova estación que comezamos, así como con diferentes xogos de pezas e construcións. Sen esquecernos, por suposto, das propostas levadas a cabo no espazo da cocinita, monecas e disfraces onde sempre deixan voar a súa imaxinación converténdose en piratas, bruxas malvadas, mamás e papás, comerciantes, cociñeiros… O certo é que non tivemos tempo para aburrirnos!
No ambiente de lecto, mates e ciencias estivemos traballando a estación do inverno. No espazo de lectoescritura tivemos diferentes xogos de vocabulario: tiñamos tarxetas para adiviñar a palabra e debuxalo, tarxetas coa imaxe e palabra escrita e nós tiñamos que buscar outra tarxeta coa palabra e relacionalos, unha roda con vocabulario en minúscula no que tiñamos que encontrar a súa imaxe correspondente para emparellalo, ou imaxes de animais de inverno e formar a palabra coas letras soltas.
No recuncho de mates tiñamos conteo relacionado cos animais de inverno, tiñamos que contalos, escribir e colocar unha pinza no número correspondente, contar folerpas de neve ou xogar con cartas de inverno. Tamén traballamos a psicomotricidade fina e as simetrías coa mesa de luz, pompóns, depresores…
Por último, no espazo de ciencias creamos neve artificial con bicarbonato e auga. Encantounos xogar con ela!
Este mes, no ambiente de luces e sombras, contabamos cun retroproxector no que os nenos e as nenas puideron traballar coas letras, os números, realizar siluetas e crear os seus propios debuxos nos acetatos para, despois, proxectalos na parede e alí seguir debuxando.
Ademais, creamos unha cabaña secreta na que, coa axuda de lanternas e uns cds, xogabamos co espectro da luz; ao igual que o fixemos ao crear diferentes estruturas coas pezas de construcción para observar a súa sombra na parede.
Por último, na mesa de luz xogamos con fariña e con diversos moldes simulando os flocos de neve do inverno.
Na aula do ambiente artístico-sensorial traballamos con pezas soltas, materiais non estructurados con cores frías para un xogo infinito de crear. Por un lado con pezas variadas: arandelas, diamantes, pezas soltas con distintas tonalidades de azuis, cordóns, pedriñas grises…Por outro lado, unha instalación artística de tronquiños de madeira: arcos, táboas, pezas alongadas, pezas irregulares…
Tamén tivemos tempo para crear debuxos con distinto material, experimentamos no debuxo libre co carboncillo e seguimos avanzando nas simetrías con pinceis finos, neste caso con diversas formas de folerpas de neve.
Por último, na mesa sensorial tiñamos a posibilidade de separar elementos finos, como é a area, dos elementos de maior volume: diferentes tipos de pasta. Nesta mesa traballamos con varios materiais: coladores, culleres, recipientes de distinto tamaño…