Skip to Content

COMEZAMOS COS AMBIENTES DE APRENDIZAXE

 

 

Boa tarde familias!

Xa estamos aquí de novo para amosarvos todo o que traballamos este mes nos ambientes coa temática do outono e samaín!!

No ambiente constructivo e simbólico empregamos as vosas achegas para manipular e da experimentar.

Os nenos e as nenas tiveron a oportunidade de xogar cos bonecos, manipular ferramentas e disfrazarse con diferentes costumes e accesorios. No supermercado e na cociña ofertaban os froitos e froitas típicas desta época do ano. Ademais, o tipi serviu como espazo de lectura e manipulación dos contos de forma individual e compartida.

No ámbito constructivo dispoñiamos de pezas apilables de diferentes tamaños, formas e cores, e tubos de cartón de diferentes tamaños que, misturados cos productos do outono, convertéronse en auténticos labirintos! Por último, os minimundos realizados con produtos da natureza foron un éxito!

Os venres, con motivo do SAMAÍN, na cociña realizamos una pócema terrorífica: mesturamos auga con colorante para obter o sangue, á que lle engadimos cabazas, cucarachas, arañas e incluso mazás e follas para que fora máis apetecible. Algún minimundo e espazo do corredor apareceron cubertos por teas de araña. Que difícil foi descubrir o que había debaixo!

 

No ambiente artístico e sensorial tamén traballamos de xeito manipulativo.

Tivemos diferentes propostas nas que puidemos manipular arxila, decorala con elementos da natureza de outono como paus ou pedras e logo puxémoslle cores. Tamén puidemos traballar con pezas soltas de outono e facer composicións, mandalas, simetrías…

Ademais, xogamos ca nosa mesa sensorial con terra, millo, froitos secos, carnosos,… estivemos descubrindo as súas características, texturas, colamos, pasamos por embudos, abrímolos…

Por último, traballamos a nosa parte máis artística creando un mural con follas e decorándoas con paus, follas de cores, froitos secos… quedou precioso.

Non nos esquecemos de traballar o SAMAÍN que tanto nos gusta, decorando as nosas cabazas.

QUEDARON PRECIOSAS!!

 

Seguimos co ambiente de lecto, mates e ciencia no que o outono tamén estivo moi presente pois,  puidemos experimentar coas texturas e formas dos elementos naturais que recolectamos das nosas casas. Coñecendo así as súas propiedades físicas: dureza, tacto, formas, brillo, color, porosidade…

Tamén tivemos oportunidade para traballar co vocabulario do outono e coñecer as froitas e froitos secos desta época do ano.  Buscamos as letras que compoñen cada palabra e asociamos o son á grafía. Para facer esta proposta tiñamos letras translúcidas, de imán, de plástico… ou incluso a oportunidade de facelas nós mesmos.

Sen esquecer a mesa de trazos, na que puidemos xogar con trazados en diferentes soportes, como poder ser a area.

Houbo oportunidade de xogar ao bingo do outono, con axuda da nosa ruleta puidemos gozar de divertidas partidas con imaxes do outono.

Había que estar ben atento/a!!

Aproveitando os elementos naturais que tiñamos na aula: castañas, noces, avelás, landras… fixemos repartos en bolsas zip. Podíamos facer diferentes repartos por tamaños, cores ou cantidade. Aínda que tamén dispoñíamos de variado material para facer os repartos que quixeramos.

 

Por último, no ambiente das luces e sombras, relaxación e música, os nenos/as puideron experimentar  e xogar con aparellos e materiais como o retroproxector, a mesa de luz, lanternas, elementos naturais do outono  Coa utilización destes elementos e o uso da imaxinación creamos historias proxectadas na parede, fixemos obras de arte, xogamos co contraste e a mezcla de cores, formas e texturas…  Tamén experimentaron coas posibilidades da luz así como coa ausencia da mesma potenciando así o uso dos demais sentidos.

Sen esquecer, o Samaín. En estas xornadas cobraron especial relevancia a ambientación musical, así como os elementos terroríficos incluidos das distintas propostas que os nenos/as ían descubrindo pouco a pouco. Sen lugar a dúbidas foron moi valientes!

 

Aquí tedes o vídeo de todo o noso traballo

 



 

ESTADE ATENTOS Á NOSA FESTA DE SAMAÍN!!!!

Pronto a poderedes ver :)



page | by Dr. Radut