Ola de novo familias!!
Xa estamos por aquí un curso máis, comezando con moitas ganas e enerxía :)
Durante o mes de Setembro demos a benvida aos nosos novos compañeiros e compañeiras de 3 aniños, son un grupiño estupendo e encántanos xogar con eles e elas no lecer!
Tamén demos a benvida a dous compañeiros novos en 4 anos :)
Ademais, puxémonos de novo coa nosa rutina na escola e xa estamos adaptadísimos.
Coñecemos os novos espazos como o corredor de infantil onde temos xogos de construcións e minimundos, o novo patio con terra, herba, cociniña, xogos de auga, troncos para escalar, carretillas e ferramentas para a terra…
Velaquí a mostra do primeiro contacto co moble do corredor.
Fomos tamén a revisar como está o noso horto, recollimos cabazas, tomates, calabacíns… e comezamos coa recollida dos restos da froita para o compost.
Por último, recolectamos elementos de outono coa vosa axuda e xa estamos listos e listas para comezar o mes de Outubro cos ambientes de aprendizaxe.
Aquí tedes unha mostra do que traballamos neste comezo de curso.
ESTADE ATENTOS/AS AO NOSO BLOG, FAREMOS UNHA CHEA DE ACTIVIDADES CHULÍSIMAS!!!
Ata a próxima! Bo finde!