Skip to Content

VISITA DO IES ROSALÍA MERA

Ola de novo familias!

Esta semana, como non podía ser doutra forma, vimos cargados de cousas novas.

O xoves, tivemos a visita do alumnado de FP de carpintería do IES Rolasía Mera; os cales nos están creando o moble para un dos espazos dos ambientes de aprendizaxe,estes trouxéronnos pezas de madeira coas que fixemos un boneco moi chulo; primeiro compuxémolo e logo personalizámolo coa nosa foto, ademais de pintalo cada un ao seu gusto.

Para agradecerlles ese detalle nós convidámolos a un batido que fixemos con fresas, plátano e leite. A verdade é que nos saíu moi rico!

Agardamos que se fosen tan contentos como nós quedamos con eles.

O venres, comezamos a falar da nosa visita á casa dos peixes; para elo representamos seres mariños sobre papel de aluminio, pola cara brillante do papel pintamos con témperas e pola outra con rotuladores.

Velaquí as nosas obras de arte!!

Por último, tamén comezamos a preparar a actividade que imos empregar para conmemorar o Día Internacional da muller.

Pero non vos podemos adiantar nada, é unha sorpresa!!

Agardamos que pasedes unha boa fin de semana.

Ata a próxima!



page | by Dr. Radut