Skip to Content

Día do libro

Día do libro; 23 de abril

Os nenos e nenas de infantil durante esta semana estivemos traballando co conto" Esto non é unha selva" de Rocío Bonilla.

Foi unha actividade pensada para conmemorar o día do libro, facendo referencia ao noso proxecto " A selva" e cun conto que lles encanta aos peques.

Con toda a súa creatividade fixeron os debuxos e relataron a parte do conto que lles tocou por grupos colaborativos, quedaron xenial!

Logo co Kamishibai puideron narrar a historia tendo como base os seus propios debuxos, fixérono moi ben. Todo un reto, tendo en conta que tiveron que facer un dobre esforzo por mor da mascarilla.

Velaquí o tedes.

Estamos moi contentos co resultado, e por iso fixemos unha exposición no colexio cos nosos debuxos para que os demais poidan coñecer este conto e a súa protagonista, Paula.

Nós gozamos cada día coa hora do conto...esperamos facervos pasar un bo rato co noso relato!

Sempre é bo momento para coller un conto e mergullarse na súa historia e se aínda por encima lle engadimos:

un toque artístico, os nosos debuxos

unha pizca de personalidade, cos nosos relatos

e un puñado de ganas e motivación saen cousas tan chulas como esta.

A gozar moito dos contos!

Boa fin de semana a todos.



page | by Dr. Radut