Skip to Content

CARREIRA SOLIDARIA

Comezamos a semana mostrándovos o vídeo da carreira solidaria que celebramos o 8 de abril no colexio.

É unha carreira que organiza Save de Children, nesta ocasión, polos dereitos dos nenos e nenas da República do Congo.

Queremos dar as grazas a todas as familias que fixeron a súa doazón para que os nenos e nenas do Congo melloren as súas vidas. E como non, aos nenos e nenas do colexio que correron con toda a súa enerxía para colaborar na iniciativa.

Un ano máis, a carreira solidaria no CPIP Virxe da Cela.

Ata moi pronto familias!



page | by Dr. Radut