Skip to Content

Bonecos crece pelo

Ola! Como estades familias?

Nós gozando deste bo tempo para facer actividades ao aire libre.

Desta vez decidimos facer os bonecos crece pelo.

Para dar a benvida á primavera que mellor que experimentar coas sementes. Esperemos ter sorte e os nosos bonecos teñan un pelo ben mesto para poder cortar, peinar, recoller...e cada un darlle o aspecto que queira.

Pero para iso temos que esperar uns días, e por suposto coidalos moito: regalos para que teñan a suficiente humidade, poñelos ao sol para que teñan unha boa temperatura as sementes, vixiar que non queden á intemperie e poidan ter demasiada auga...

Queda un longo traballo por diante!

Polo de agora, aquí podedes ver o proceso que levamos a cabo para crear os nosos bonecos...neste momento estamos personalizando cada un deles para darlle o toque persoal que precisan.

 

En nada, teredes novas dos nosos nosos pelóns.

Ah!! por certo, sabedes onde fixemos esta actividade? Xa estamos gozando deste novo espacio...

Ata moi pronto!

Unha aperta



page | by Dr. Radut