Bo día familias!
Hoxe tócanos aos nenos e nenas de 5 anos lanzar o reto para adiviñar cal é a nosa tribu polo que aquí tedes o vídeo coas pistas necesarias para dar con ela
ANIMÁDEVOS A FACER O EXPERIMENTO COA LAVA, FOI MOI DIVERTIDO!
Tedes un pequeno xogo de conciencia fonolóxica para axudar a resolvelo... cal é a primeira letra de cada imaxe??
Os nenos e nenas de 3 anos podedes buscar as vogais que faltan :)
E os nenos e nenas de 4 anos atopar todas as letriñas
Veña que é moi doado :)
Por outra banda, damos resposta ao reto que lanzaron os nenos e nenas de 4 anos co seu xogo de Pasapalabra, foi moi divertido!!!!
O primeiro que fixemos foi buscar o Amazonas no noso mapa mundi… vimos que estaba en América do Sur, na selva do Amazonas, no Brasil… e ata vimos o Río Amazonas!!!! É enorme!!!
Despois vimos como vivían e recreamos o seu poboado con arcilla e unha vez secas decorámolo
Tamén vimos como vestían: con guaiucos! Quixemos facer a nosa propia versión dun guaiuco e quedaron así de chulos
Ademáis, buscamos como eran os tapires que cazaban e comían!!! Que animal tan bonito :)
Por último fixemos un xogo de letras por equipos, a profe poñía diferentes palabras do vocabulario que aparecía no vídeo de Pasapalabra e nós tiñamos que adiviñar e intentar ler o que poñían. Unha vez feito iso tiñamos que recrear a palabra coas nosas letras, o equipo que máis rápido acabara gañaba un punto!
Tras toda esta investigación e coas pistas coas que contamos… pensamos que a tribu dos nenos e nenas de 4 anos é a dos…
Ánimo, esperamos que adiviñedes a nosa tribu e o pasedes ben investigando a súa lenda :)
Saúdos e apertas!