Skip to Content

Traballamos coas minúsculas!

 

Bo día familias!
Xa estamos aquí unha semana máis para traervos un traballo sobre lectoescritura.
 
Antes de suspender as clases tanto os/as nenos/as de 4 anos como os/as de 5 anos estaban traballando, entre outras cousas, as minúsculas.
 
 
 
Os Exipci@s polo de agora fixeron unha aproximación ás minúsculas coas vogais na clase, polo que hoxe ímonos animar a continuar descubrindo algunha letra máis! ;)
 E os Viking@s estaban traballando con vogais e consoantes a partir de palabras significativas como son o nome e os apelidos.
 
 
AS PROPOSTAS PARA 4 ANOS SON:
 
1º: Escribe o teu nome coma sempre en maiúscula e debaixo escríbeo en minúscula, relacionando cada letra coa súa minúscula. (Non te esquezas de que os nomes propios sempre empezan por maiúscula :D), o adulto pode axudarte escribindo o teu nome en minúscula para que ti o copies ou o repases por encima con rotulador. Por exemplo:
SANDRA
Sandra
 
2º: Agora que xa temos o noso nome escrito en minúscula ímosnos ir fixando en cada letra e buscar obxectos que teñamos na nosa casa que comecen por esa letra. Por exemplo:
S. Sal
a. Abrigo
n. Neveira
d. Dicionario
r. Radiador
a. Alfombra
Se te ves animado e con gana podes escribir cada obxecto en maiúsculas.
 
  **Polo de agora ímonos centrar en aprender as minúsculas do noso nome para pouco a pouco aprender as letras minúsculas de todo o abecedario de xeito significativo pasiño a pasiño.**
 
 
 
AS PROPOSTAS PARA OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS SON:
 
1º: Escribir o noso nome en vertical, en minúsculas, agás a primeira letra. E logo imos completando con palabras que comecen por cada letra ou ben que rematen, dúas polo menos teñen que ser pola que rematen. Lembrade o da lateralidade, hai que escribir sempre de esquerda a dereita. Cando teñas o nome pasa aos apelidos facendo o mesmo.
Que tal saiu?
 
2º: Cando teñas iso rematado imos xogar ao dominó de letras. É moi sinxelo, primeiro facemos un percorrido (como o da foto ou diferente) logo poñemos na primeira ficha a palabra Nata, é pola que imos comezar. Agora seguindo as frechas temos que escribir palabras tendo en conta a letra pola que termina a palabra anterior. Pon moita atención.
Seguro que sairá ben…
 
(Aquí podes ver como o fixen eu, é só un exemplo)
 
 
 
Por outra banda, deixámosvos esta proposta de aulas galegas relacionada coas vogais. É un exercicio de respiración que serve de relaxación ao mesmo tempo que traballan coas vogais :)
https://aulasgalegas.org/vogais/

Mandádenos as vosas actividades a virxedacelainfantil@gmail.com

Ata o Mércores! :)


page | by Dr. Radut